[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Conversa usuario:Albert galiza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Benvido Albert galiza, semella que o Galizionario está renacendo. Moitas grazas por te rexistares e ofrecerte a axudar. Algo no que poderías contribuír é inserindo imaxes nas páxinas do concello, en particular a imaxe do mapa coa situación. Tes un exemplo en Carballo, a relación de concellos está de xeito provisorio en category:toponimia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:24, 2 novembro 2007 (UTC)

Grazas pola axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:33, 3 novembro 2007 (UTC)

Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)

Proposta

[editar]

Boas Alberte. Acudo a ti para facerche unha propostiña (é dicir, pídoche axuda). Como sabes, o Galizionario é o segundo maior proxecto dos da Wikimedia en galego, e nas últimas semanas está collendo certa sona por que disque quedamos sen o dicionario que todos mirabamos... O caso é que certas tarefas de mantemento non poden ser levadas a cabo polos usuarios autoconfirmados. Falando claro: precisamos un administrador, e os que estamos non queremos ou non podemos coller o cargo. Os noutrora activos administradores deixaron de pasar por aquí ou abandonaron o cargo. Gallaecio e mais eu concordamos en que sería boa cousa outorgarlle os privilexios a un administrador activo da Galipedia para que nos bote unha man. Pensei en ti pola confianza que me inspiras en porque recordo que fuches o promotor do noso Proxecto de Portada.
Fóronse acumulando varias tarefas que só un administrador pode facer, polo que nun primeiro momento habería algo de traballo, pero quitando iso o Galizionario non adoita dar moito traballo, e nos encargariámonos de avisarte cando fixese falta. ¿Que me dis? ¿Podemos contar contigo? Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 17:16, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Xa sei que é raro, pero ningún dos dous cremos ser os máis axeitados para o posto.
Xa presentei a votación. Pódela seguir aquí.
[ Furagaitas * ] 14:11, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Ola Alberte. A elección como administrador e burócrata foi aprobada. Non obstante, en Meta consideran insuficiente o número de votos. A única opción que nos queda por este camiño é que aceptes o cargo de administrador por tres meses. Se estás de acordo, por favor expresa a túa aceptación aquí (ou se o prefires, na miña páxina de conversa, para poder usalo eu como comprobante). [ Furagaitas * ] 16:04, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Administrador

[editar]

Hola Albert galiza,

Le he asignado los permisos de administrador por 3 meses a partir de hoy. Expirarán el día 9 de febrero de 2011. De todos modos si unos pocos días antes de que expiren viene usted a meta (SRP) y pide una prórroga ésta puede realizarse sin problemas e incluso por periodos de tiempo más largos. Si en algún momento la comunidad creciese lo suficiente para celebrar una elección en la que participase un promedio de entre 5/6/7 usuarios se le podría entregar el permiso de administrador de manera permanente.

Otra nota que nos mandan desde meta es decirles que salvo que sea necesario, no traduzcan la interfaz localmente sino en translatewiki.net y que suban las imágenes preferiblemente a commons:.

Bueno, creo que no me olvido nada. Si tuviese alguna pregunta adicional la atenderé con gusto en mi página de discusión en meta.

Buena suerte y felicidades,
--Dferg 16:57, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Noraboa!! Creo que todos estamos de noraboa ó terte entre nós.
Ben, deixando os cumprimentos a un lado, póñote ó día: nestes momentos, con maior ou menor frecuencia, estamos traballando no Galizionario Gallaecio, Xoio, Elisardojm e mais eu; entre os esporádicos citarei a Norrin strange, Damufo e Maltrobat. Elvire leva algún tempo sen pasar por aquí, e moito máis levan Sobreira, Prevert ou Aricum. Ultimamente creouse unha rolda de correo para estarmos informados dos cambios máis relevantes, á que se queres pódeste sumar.
Vouche ir comentando algunhas das tarefas de administrador que, desde o meu punto de vista, son precisas no Galizionario. Se tes algunha dúbida ou se non estás de acordo con algunha delas, por favor coméntamo:
  • Hai que borrar as páxinas da Categoría:Wiktionary:Páxinas para borrar (estaría ben botarlle unha ollada de cando en vez).
  • Adaptar a Páxina Principal á aparencia Vector. É dicir: cómpre substituír en MediaWiki:Vector.css os 7 casos de Main_Page por Páxina_Principal (ou o que é o mesmo, substituír o contido disto por isto).
  • Cambiar os interwikis da Páxina Principal e da páxina de Cambios recentes por estes: [[an:]] [[ast:]] [[jv:]] [[ca:]] [[cs:]] [[da:]] [[de:]] [[et:]] [[en:]] [[es:]] [[eu:]] [[fr:]] [[ga:]] [[io:]] [[it:]] [[lv:]] [[lt:]] [[hu:]] [[mt:]] [[nl:]] [[no:]] [[oc:]] [[pl:]] [[pt:]] [[ro:]] [[sk:]] [[sl:]] [[fi:]] [[sv:]] [[vi:]] [[tr:]] [[el:]] [[bg:]] [[ru:]] [[ur:]] [[ar:]] [[fa:]] [[mr:]] [[hi:]] [[bn:]] [[ta:]] [[te:]] [[lo:]] [[zh:]] [[ja:]] [[ko:]]. (Decisión á que chegamos aquí)
E por hoxe penso que abonda. Pásoche só tarefas de administrador por que sei que andas liado, e tampouco non che quero roubar tempo da Galipedia, pero se quixeses tarefas doutro tipo ti pide. Grazas. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 19:46, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Ben. Supoño que seguirás noutro momento co borrado de páxinas e cos interwikis da páxina de Cambios recentes. Déixoche algunha tarefa máis:
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 02:23, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Importar

[editar]

Alberte, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 21:26, 12 de xullo de 2011 (UTC)

Fusionar

[editar]

Boas Alberte. ¿Poderías fusionar estas páxinas sobre a última de cada grupo? Graciñas. [ Furagaitas * ] 15:13, 4 de outubro de 2011 (UTC)

Administración

[editar]

Ola, Alberte. A comunidade do Galizionario estivo a valorar nas últimas semanas a función dos administradores do proxecto. A causa é a inactividade dos mesmo, feito que obrigaba á comunidade a pedirlle axuda a administradores globais ou stewards. Como membro que es dese grupo, gustaríanos saber se estás disposto a conservar os privilexios da administración e colaborar activamente coas tarefas propias dese grupo; para iso agradeceriamos que nolo comunicases na Taberna do Galizionario no prazo de tres semanas. A comunidade do Galizionario decidiu, de non recibir unha resposta positiva dentro dese período, pedir a revogación dos dereitos para as persoas implicadas. Sexa como for, esperamos verte polo Galizionario pronto, ben como administrador, ben como usuario normal. Recibe un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 18:26, 24 de outubro de 2011 (UTC)