[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/
Galego
 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «territorio».
 
A Laponia é un territorio pouco poboado do norte de Europa
  •   Pronuncia: /tɛ.ri.'tɔ.rjo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

territorio

  1. Porción de terra que ocupa un país, unha rexión, unha provincia, etc.
    • Exemplo: Despois da invasión, este territorio está ocupado polos militares inimigos.

  2. Extensión dun país sobre o que se exerce unha xurisdición.
    • Exemplo: Traballa na consellería de Ordenación do Territorio.

  3. (Zooloxía) Espazo sobre o que un animal, ou unha parella de animais, establecen o seu dominio, e o defenden como propio fronte a outros da súa mesma especie.
    • Exemplo: Moitos mamíferos carnívoros marcan o seu territorio mediante a urina.

Termos relacionados

territorial, territorialidade