estudo
Esta páxina procede da Galipedia. A páxina xunto co seu historial completo procede da Galipedia e polo de agora está pendente de formatar de acordo coas regras do Galizionario. |
- Cómpre non confundir con estudio, o local onde traballa un profesional.
O estudo é unha obra ou traballo científico, artístico, ou doutro tipo, no que o autor ten como obxectivo principal estudar ou afondar nun tema determinado. O termo emprégase en plurar para se referir ao conxunto de materias que se aprenden, e actividades que se realizan durante a formación nun centro de ensino.
Tamén se denomina estudo ao esforzo intelectual e tempo que unha persoa gasta para coñecer e comprender algunha cousa e obter o coñecemento.[1]
Na arte denomínase estudo á obra, bosquexo, debuxo ou pintura, que se realizan como exercicio ou como ensaio da obra definitiva.
Notas
editar- ↑ estudo no Dicionario da Real Academia Galega.