connosco
- Etimoloxía: do latín tardío cum nobiscum, cunha derivación sintética latina (nobiscum) e outra analítica romance posterior (cum + substantivo), sufrindo asimilación regresiva do /m/ no punto de articulación, asimilación da atóna /u/ no punto de articulación, síncope de oclusiva bilabial sonora intervocálica e posterior amálgama de vogais, probablemente tamén con analoxía respecto ó seu paradigma.
- Pronuncia: /koŋˈnɔsko̝/ (AFI)
connosco
- Definición impropia: Contracción gráfica da preposición con e o pronome oblicuo de cuarta persoa nós
Exemplos e citas: Veste connosco á Lama?
Observacións
Tamén se pode expresar coas formas analíticas con nós ou, limitando o grupo, mediante o exclusivo con nosoutros. Con todo, as únicas formas válidas son as analíticas se o grupo vai seguido dun adxacente.
Exemplos e citas: Falaron con nolas dúas; Viñeron con nós mesmos