Vigozoo
Vigozoo foi o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa) ata o ano 2024 cando muda a Vigonature, dentro da migración de zoolóxico a centro educativo natural. Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia] Foi o primeiro parque zoolóxico de Galicia.
Tipo | parque zoolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vigo, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1970 | |||
Sitio web | vigozoo.com | |||
Historia
editarEstá situado no monte da Madroa, a uns 10 km do centro da cidade, e ten unha extensión de 55.676 m². Inicialmente foi constituído como fundación pública en 1970, creado a iniciativa de Rafael Portanet durante o seu mandato como alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, Antonio Ramilo. A súa inauguración oficial foi o 18 de xullo de 1971. Na actualidade, xunto co Parque Marcelle Natureza son os únicos parques zoolóxicos de Galicia.[1]
Vigozoo foi o último fogar do sonado mono Paco[2] da especie Chlorocebus sabaeus, trasladado por iniciativa do entón concelleiro de Vigo Antonio Nieto Figueroa 'Leri', desde a alameda de Redondela a Vigozoo por mor do seu desenfreo sexual, proporcionandoselle un harén de catro monas (o que provocou as protestas de colectivos feministas).[3]
Especies
editarNo parque exhíbense as especies de animais e plantas a seguir:[4]
Mamíferos
editar- Carneiro bravo (Ovis musimon)
- Castor fiber
- Equus quagga
- Cervo do padre David (Elaphurus davidianus)
- Cervo común (Cervus elaphus)
- Trichosurus vulpecula
- Kobus leche
- Taurotragus oryx
- Gamo (Dama dama)
- Guanaco (Lama guanicoe)
- Lémure (Lemur catta)[6]
- León (Panthera leo)
- Lince común (Lynx lynx)
- Llama (Lama glama)
- Lobo ibérico (Canis lupus signatus)
- Mona de Xibraltar (Macaca sylvanus), non actualmente.[cando?]
- Rousettus aegyptiacus
- Órix de cornos de cimitarra (Oryx dammah)
- Oso pardo (Ursus arctos)
- Pantera negra (Panthera pardus)
- Pecarí de colar ou caititú (Pecari tajacu)
- Petauro do azucre (Petaurus breviceps)
- Quincajú[7] (Potos flavus)
- Tigre (Panthera tigris)
- Ualabí de Bennett, ualabí de pescozo vermello (Macropus rufogriseus)
- Xabaril (Sus scrofa)
- Xeneta (Genetta genetta)
Aves
editar- Aguia calzada (Aquila pennatus)
- Aguia real (Aquila chrysaetos)
- Tartaraña cincenta (Circus pygargus)
- Tartaraña das xunqueiras Circus aeruginosus
- Pato filipino (Anas luzonica)
- Pato cincento (Anas strepera)
- Pato picopinto (Anas poecilorhyncha)
- Lavanco real (Anas platyrhynchos)
- Ganso de cabeza listada (Anser indicus)
- Ganso do Canadá (Branta canadensis)
- Ganso sangano (Branta leucopsis)
- Ganso de Hawai (Branta sandvicensis)
- Bufo real (Bubo bubo)
- Voitre leonado (Gyps fulvus)
- Cerceta aliazul (Anas discors)
- Cerceta do estío (Anas querquedula)
- Peneireiro (Falco tinnunculus)
- Cegoña branca (Ciconia ciconia)
- Cisne común (Cygnus olor)
- Cisne negro (Cygnus atratus)
- Poicephalus gulielmi
- Cotara australiana (Eulabeornis castaneoventris)
- Corvo pequeno (Corvus corone)
- aguia albela (Circaetus gallicus)
- Dromaius novaehollandiae
- Galiña de Guinea (Numida meleagris)
- Galiña de Mos Gallus gallus domesticus
- Ganso cisnoide (Anser cygnoides)
- Ganso bravo (Anser anser)
- Ganso de Exipto (Alopochen aegyptiacus)
- Ganso emperador (Chen canagica)
- Grou coroado oriental (Balearica regulorum)
- Grou pequeno (Anthropoides virgo)
- Miñato abelleiro (Pernis apivorus)
- Papagaio cincento (Psittacus erithacus)
- Gabián de cabeza cincenta (Leptodon cayanensis)
- Ñandú común (Rhea americana)
- Marreca colorada (Anas cyanoptera)
- Pato mudo ou pato crioulo[8] (Cairina moschata domestica)
- Marreca de coleira (Callonetta leucophrys)
- Pato de Carolina (Aix sponsa)
- Pato mandarín (Aix galericulata)
- Pavón (Pavo cristatus)
- Pato cristado (Aythya fuligula)
- Asubiador americano (Anas americana)
- Asubiador, pato asubión, (Anas penelope)
- Ireré (Dendrocygna viduata)
- Ireré paponegri (Dendrocygna autumnalis)
- Pato branco (Tadorna tadorna)
- Pato canelo (Tadorna ferruginea)
- Pato radjah (Tadorna radjah)
- Avestruz (Struthio camelus)
Réptiles
editar- Boa arborícola amazónica (Corallus enydris coocki)
- Boa constrictor
- Dragón barbudo (Pogona vitticeps)
- Eslizón de lingua azul (Tiliqua scincoides)
- Falsa coral, coral rateira (Lampropeltis triangulum)
- Falsa coral de Honduras (Lampropeltis hondurensis)
- Gecko de bibrón (Pachydactylus bibronii)
- Gecko leopardo (Eublepharis macularius)
- Lagarto de placas do Sudán (Gerrhosaurus major)
- Pitón da India (Python molurus)
- Pitón real (Python regius)
- Pitón reticulado (Python reticulatus)
- Osga común (Tarentola mauritanica)
- Cobra gato verde (Boiga cyanea)
- Serpe do millo (Elaphe guttata)
- Serpe rei (Lampropeltis gettulus cal)
- Tartaruga aligator (Macrochelys temminckii)
- Tartaruga de patas vermellas ou xabutí (Geochelone carbonaria)
- Tartaruga das Antillas (Trachemys decussata)
- Tartaruga de coiraza mol (Apalone Ferox)
- Tartaruga de esporón xigante (Geochelone sulcata)
- Sapoconcho americano[9], sapoconcho de Florida ou sapoconcho de orellas vermellas (Trachemys scripta elegans)
- Sapoconcho de Nelson (Pseudemys nelsoni)
- Sapoconcho de orellas amarelas (Trachemys scripta scripta)
- Tartaruga de pescozo estriado (Ocadia sinensis)
- Tartaruga falsa mapa (Graptemys pseudogeographi)
- Tartaruga falsa mapa do Mississippi (Graptemys kohni)
- Tartaruga pintada (Chrysemys picta)
- Tartaruga xeroglífico (Pseudemys concinna)
- Tegú vermello (Tupinambis rufescens)
Anfibios
editarInsectos
editar- Insecto pau alado (Sipiloidea sipylus)
- Insecto pau común (Baculum extradentatum)
- Insecto pau do Perú (Oreophoetes peruana)
- Insecto pau da Cordilleira Cóndor (Peruphasma schultei)
Arácnidos
editar- Escorpión emperador (Pandinus imperator)
- Migala de patas vermellas (Brachypelma smithi)
- Migala rubia (Grammostola sp.)
- Tarántula cebra de Costa Rica (Aphonopelma seemanni)
- Tarántula cornuda (Ceratogyrus marshalli)
- Tarántula de Chile (Grammostola rosea)
- Tarántula tigre asiática (Haplopelma sp.)
- Tarántula voadora (Avicularia avicularia)
Moluscos
editarPeixes
editar- Carpa vermella[10] (Carassius auratus)
- Cabalo de mar barrigudo (Hippocampus abdominalis)
- Cabalo de mar de fociño longo (Hippocampus guttulatus)
Plantas
editarPódense atopar 42 especies de árbores, arbustos e plantas, moitas delas autóctonas, outras exóticas.
- Abeleira (Corylus avellana), autóctona
- Abeto vermello (Picea abies), común na xardinaxe galega
- Árbore da seda (Albizia julibrissin)
- Acacia negra (Acacia melanoxylon), asilvestrada en Galicia
- Acivro (Ilex aquifolium), autóctona
- Alfaneiros (Ligustrum spp.), usuais na xardinaxe galega
- Amieiro (Alnus glutinosa), autóctona
- Bidueiros (Betula spp.), autóctona
- Camelia do Xapón (Camellia japonica), usual na xardinaxe galega
- Capudre (Sorbus aucuparia), autóctona
- Carballo veriño (Quercus robur), autóctona
- Carballo americano (Quercus rubra), común coma árbore de reforestación en Galicia
- Castiñeiro (Castanea sativa), semi-autóctona
- Cedro do Atlas (Cedrus libani var. atlantica)
- Cedro do Himalaia (Cedrus deodara)
- Cerdeira brava (Prunus avium), autóctona
- Chopo negro (Populus nigra), semi-autóctona
- Alcipreste común (Cupressus sempervirens)
- Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa)
- Cotoneásters (Cotoneaster spp.)
- Estripeiro (Crataegus monogyna), autóctona
- Figueira (Ficus carica), común nos pomares galegos
- Formio (Phormium tenax)
- Freixo común (Fraxinus excelsior), autóctona
- Iuca filamentosa (Yucca filamentosa)
- Loureiro xaponés (Aucuba japonica)
- Maceiras (Malus spp.), común nos pomares galegos
- Magnolia de Soulange (Magnolia × soulangeana)
- Mandarineiro (Citrus reticulata)
- Milgrandeira (Punica granatum)
- Nogueira común (Juglans regia), autóctona
- Palmeira das Canarias (Phoenix canariensis), común na xardinaxe galega
- Piñeiro manso (Pinus pinea)
- Pitósporo (Pittosporum tenuifolium)
- Plátano común (Platanus × hispanica), común na xardinaxe galega
- Pradairo real (Acer platanoides)
- Salgueiro chorón (Salix babylonica), común na xardinaxe galega
- Salgueiro bravo (Salix atrocinerea), autóctono
- Sanguiño (Frangula alnus), autóctono
- Tuias (Thuja spp.), común na xardinaxe galega
- Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipifera)
- Xinkgo (Ginkgo biloba)
Instalacións e servizos
editarO parque conta coas seguintes instalacións e servizos:[11]
- Departamento de educación: organiza visitas guiadas, obradoiros, aniversarios, campamentos, concursos etc.
- Exotarium: nel áchanse os insectos, arácnidos, anfibios e réptiles. No primeiro andar están as bolboretas e as aves, no que se atopan aves exóticas durante todo o ano e na primavera e no verán tamén bolboretas.
- Nocturama: atópanse diferentes animais nocturnos, coma morcegos, mouchos, petauros ou gálagos.
- Tres acuarios: onde se poden ollar especies mariñas coma polbos e diversas especies de cabaliños do mar.[12]
- Planetario con capacidade para 20 persoas.
- Merendeiro cuberto con instalación solar didáctica.
- Parque infantil.
- Cafetaría.
- Tenda de agasallos.
- Dentro do recinto tamén hai un monólito na memoria a Félix Rodríguez de la Fuente.[13]
Contorna
editarO zoo de Vigo áchase par do miradoiro da Madroa, con vistas panorámicas sobre a ría de Vigo e o parque forestal do Vixiador, con máis de 15 ha cunha rica flora e fauna. Hai pouco talláronse as árbores exóticas coma eucaliptos e acacias e plantáronse especies autóctonas coma o carballo ou o bidueiro
Preto do parque zoolóxico tamén hai un campo megalítico cun gran número de túmulos. O máis grande acada un diámetro de vinte m e unha altura de 3,50 m. As instalacións de adestramento do Real Club Celta de Vigo tamén se atopan no lugar.
Críticas
editarEn 2011, unha denuncia cursada por Infozoos provocou a condena da Comisión Europea a España polo incumprimento da lei de zoolóxicos.[14]
A Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia detectou faltas na situación de Vigozoo en 2010 e, tras comprobar que seguía incumprindo a normativa de zoos en marzo de 2011, outorgoulle un prazo de seis meses para presentar a licenza municipal de actividade como zoolóxico, a modificación do programa nutricional, un plan definitivo e detallado do programa de cría en catividade do sapoconcho común (Emys orbicularis) e unha memoria das actividades desenvolvidas.[15]
En febreiro de 2013 a Comisión Europea validou as reformas realizadas en Vigozoo, polo que o parque zoolóxico cumpría coa normativa Europea vixente.[16]
VigoNature
editarNo mes de febreiro de 2024, VigoZoo deixa de existir como centro zoolóxico e transfórmase en Vigonature[17], un centro de divulgación ambiental orientado a obxectivos educativos.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Parques y senderismo Vigozoo". Ayuntamiento de Vigo.
- ↑ "Pasiones y muerte del mono Paco". Interviú. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2014. Consultado o 01 de setembro de 2014.
- ↑ "El mono 'Paco', en clave política". El Pais.
- ↑ concello de Vigo. "VigoZoo". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2014.
- ↑ "Lémure de cola anelada". VigoZoo.
- ↑ Begoña R. Sotelino (13/1/2015). "Vigozoo se queda sin sus últimos monos y los cambia por lémures" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega)
- ↑ Nome galego en Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España, Boletín Oficial del Estado, 2006 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ "Instalaciones y Servicios". www.vigozoo.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2014.
- ↑ "Vigozoo amplía la familia". Faro de Vigo.
- ↑ "Vigozoo estrena la Isla de los Primates, pero sin monos". www.farodevigo.es.
- ↑ "Bruselas cree que Vigozoo viola la norma sobre cuidado de animales y la Xunta garantiza que es legal". Faro de Vigo. 10 de decembro de 2010.
- ↑ "El zoológico vigués sigue sin cumplir toda la normativ". La Voz de Galicia. 3/3/2011.
- ↑ "La UE archiva la multa a Vigozoo y valida las reformas para adaptarlo al actual reglamento". Faro de Vigo.
- ↑ "Vigozoo se transforma en Vigonature". Arquivado dende o orixinal o 29/02/2024. Consultado o 29/02/2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vigozoo |