[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Vicente Varela Radío

médico e político galego

Vicente Varela Radío, nado en Pontevedra o 18 de novembro de 1883 e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1950[1], foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaVicente Varela Radío
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Ourense
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela antes da proclamación da Segunda República. Militante da ORGA e amigo de Casares Quiroga, foi nomeado nomeado gobernador civil de Pontevedra o 17 de abril de 1931 e o 5 de agosto gobernador civil de Ourense, posto no que permaneceu ata o 21 de xullo de 1932. Ese ano, ao ser nomeado director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela abandonou a actividade política, aínda que posteriormente militou en Izquierda Republicana.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu posto de director e sufriu incautación de bens así como varias multas. En xullo de 1937 foi detido e encarcerado por pertenza á Loxa Libredón nº 6 de Santiago de Compostela. En 1942 o Tribunal Especial para a represión da Masonería condenouno a doce anos e un día de reclusión menor, que logo lle foi rebaixada a seis de prisión maior. Cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) entre xaneiro e decembro de 1943. Ao saír do cárcere foi confinado en Pontevedra ata 1947.

Vida persoal

editar

Casou con Eugenia Pol Sánchez.

  1. Necrolóxica en La Noche, 17-7-1950, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar