[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

A válvula mitral (que tamén posúe a denominación de válvula bicúspide, por ter dúas valvas), é unha das catro válvulas que separan os catro condutos ou cavidades cardíacas. É a válvula que separa a aurícula esquerda do ventrículo esquerdo, impedindo que o sangue recúe para a aurícula após ser bombeado desta para o ventrículo. En condicións de normalidade, esta válvula ten un diámetro de entre 4 e 6 cm cadrados. Así pois, diámetros inferiores constitúen unha patoloxía cardíaca coñecida como estenose mitral.

Imaxe das catro válvulas cardíacas
Explicación en vídeo das doenzas da válvula mitral.

Anatomía

editar

A válvula mitral consta de dúas subpezas ou valvas: unha anteroseptal e outra posterolateral ou posterior. Está formada por diferentes estruturas, coma o anel fibroso mitral, as cordas tendinosas e os músculos papilares. Ámbolos dous teñen como función fixar as valvas ao ventrículo, evitando así que na diástole se desplacen do seu sitio.

Ciclo cardíaco

editar

Esta valva, xuntamente coa válvula tricúspide, do lado dereito do corazón, féchase cando acontece a sístole ventricular, facendo que o sangue continúe o seu percorrido unidirecional seguindo pola arteria aorta e non recuando cara á aurícula. Esta valva ábrese novamente cando se produce a sístole auricular, de xeito que o sangue pasa cara ao ventrículo.