Uloboridae
Uloboridae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de Octonoba takanai | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
Uloboridae é unha familia de arañas pertencente á orde Araneae da clase Arachnida.
Caraterísticas
editarO seu tamaño adoita estar entre os 3 e os 10 mm, aínda que en raras ocasións poden superan os 12 milímetros de longo e teñen o primeiro par de patas anteriores moi alongadas. A diferenza do resto das arañas posúen ningún tipo de glándula velenosa [1] e están provistos de cribelo que produce un tipo de seda formada por fibras ensarilladas formando arañeiras, normalmente en disposición horizontal, moi resistentes e non apegañentas cun deseño característico en forma de zig-zag, coñecido como stabilimentum, cara ao centro.
Comportamento
editarPor mor da xeometría particular da súa arañeira, estas arañas ao asumiren unha postura en arco coas súas patas anteriores conseguen un mimetismo case perfecto, semellando unha folla ou unha póla pousada na propia arañeira, o que lles permite lanzar de súpeto sobre a incauta presa numerosos fíos de seda que a envolven toda.
Distribución
editarAs 262 especies coñecidas distribúense por todo o mundo, considerándose unha familia cosmopolita, a excepción das zonas desérticas de Groenlandia, Sáhara e Arabia onde non está presente e o norte do continente europeo, con só dúas especies: Uloborus walckenaerius e Hyptiotes paradoxus
== Taxonomía ==
Con datos de decembro de 2011, componse de 18 xéneros e 262 especies[2]:
- Ariston O. P-Cambridge, 1896 - América Central
- Astavakra Lehtinen, 1967 - Filipinas
- Conifaber Opell, 1982 - América do Sur
- Daramulunia Lehtinen, 1967 - Samoa, Fidxi, Novas Hébridas
- Hyptiotes Walckenaer, 1837 - Rexión paleártica
- Lubinella Opell, 1984 - Nova Guinea
- Miagrammopes O. P.-Cambridge, 1870 - América e Australia
- Octonoba Opell, 1979 - Rusia, da Asia central ao Xapón
- Orinomana Strand, 1934 - América do Sur
- Philoponella Mello-Leitão, 1917 - África, América, Asia, Australia
- Polenecia Lehtinen, 1967 - do Mediterráneo ao Acerbaixán
- Purumitra Lehtinen, 1967 - Australia, Filipinas
- Siratoba Opell, 1979 - USA, México
- Sybota Simon, 1892 - América do Sur
- Tangaroa Lehtinen, 1967 - Oceanía
- Uloborus Latreille, 1806 - cosmopolita
- Waitkera Opell, 1979 - Nova Zelandia
- Zosis Walckenaer, 1842 - rexión intertropical
Notas
editar- ↑ "The Spiders of Europe and Greenland". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2012.
- ↑ The world spider catalog, Uloboridae URL consultato il 6 gennaio 2012