Unlla
(Redirección desde «Uña (anatomía)»)
A unlla[1] ou uña[2] é unha estrutura anexa da pel localizada na parte máis distal dos dedos da maioría dos vertebrados terrestres. Está composta por queratina, a cal é segregada por unhas glándulas situadas na base da uña, coñecida como matriz ungueal.
Unlla | |
---|---|
A. Lámina ou corpo ungueal; B. lúnula; C. raíz; D. seo ungueal; E. matriz ungueal; F. leito ungueal; G. hiponiquio; H. marxe libre. | |
As unllas dos pés. | |
Latín | Unguis |
Sistema | Sistema tegumentario |
Nos animais coñécese co nome de pezuño.
Estrutura
editarAs unllas das mans e dos pés están compostas de:[3]
- Matriz ou raíz.[4] É a parte onde se orixina á unlla, situada baixo a pel na súa parte inferior.
- Eponiquio. É a estreita franxa de pregadura da pel que semella rematar na base da lámina ungueal. Ás veces tamén se lle coñece coma cutícula.
- Paronniquio. É a estreita franxa do pregadura dea pel aos lados da unlla.
- Hiponiquio. É o tecido situado baixo a marxe libre da unlla. Constitúe un selo impermeábel que protexe o leito ungueal das infeccións.
- Lámina ungueal. Tamén denominada corpo ungueal, é a estrutura córnea que normalmente coñecemos como unlla; a porción dura e translúcida composta por queratina.
- Leito ungueal. É o tecido conectivo adherente que se atopa baixo a unlla e que a conecta co dedo.
- Lúnula. É a parte de cor branca en forma de semilúa que se observa case sempre na base da lámina ungueal. Non todos os dedos a teñen visíbel. A lúnula é a fin da matriz e, polo tanto, a parte á vista da unlla viva. O resto da lámina ungueal está composta por células mortas.
Trastornos das unllas
editarAdvertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As principais doenzas que poden afectar á unlla son:
Alteracións estruturais das mans Ungüesla (unlla enterrada) Unlla en culler (coiloniquia) Unlla rota (onicolise) Unlla astillada (onicorrexe) Unlla laminada (onicosquise) Unlla punteada (oniquia puntacta) Piqueteado en láminas (psoríase) |
Alteracións periungueais Padrasto Panadizo (paroniquia aguda) Tiña das unllas (onicomicose) |
Leuconiquia ou mancha branca na unlla. |
Alteracións estruturais dos pés Unlla espesa (onicodistrofia) Unlla en garra (onicogrifose) Unlla encarnada (onicocriptose) |
Alteracións cromáticas Mancha branca(leuconiquia) Unlla negra (nigroniquia) Decoloración tipo mancha de aceite (psoríase) |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para unlla.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uña.
- ↑ Onumah, Neh; Scher, Richard K (maio de 2009). eMedicine, ed. "Nail Surgery". Consultado o marzo de 2010.
- ↑ "Nail matrix". Biology Online. 2005. Consultado o febreiro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Unlla |