[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

A trompa[1] é un instrumento de vento-metal que ten normalmente un tubo cónico aberto que deriva das formas dos cornos ou os cabeiros dos animais. A trompa soa pola vibración dos beizos do intérprete apoiados na embocadura (como na trompeta).

Trompa
Trompa francesa, corno francés
Trompa co tubo tendente a cónico, enrolado en curvas ou espirais nun círculo.
Información
ClasificaciónAerófono, metal
Tesiturafa - si2; 3 oitavas
Instrumentos relacionadosclarín, corneta, cornetto, cornu, olifante, trompa de caza, trompa dos Alpes, shofar

Historia

editar

Entre os seus antecedentes pódese incluír a trompa de postillón medieval, os cornos reais de marfil de África, o cornu romano, e o shofar xudeu, que deron lugar a trompas como o gran lur da antiga Escandinavia. Outros descendentes dos cornos son a trompa dos Alpes, o clarín, a corneta, e a corneta renacentista (cornetto).

A trompa francesa de orquestra inventouse ao redor de 1650. É unha versión en grande da trompa de caza que foi redeseñada cun tubo enrolado en círculo. A trompa de caza francesa, que se introduciu na orquestra a finais do século XVIII, producía arredor de vinte dos harmónicos naturais. A trompa gañou máis flexibilidade contra 1750 coa invención da técnica de introdución da man dereita no pavillón, co que se variaba a afinación das notas até un ton. A pesar deste avance, o excesivo tamaño dos tubos, chamados seccións, fixo necesario instalar moitas chaves. A invención das válvulas a finais de século XIX revolucionou a trompa, xa que permitiu variar a lonxitude do tubo movendo un dedo. A trompa en fa con tres válvulas pode producir unha escala cromática en tres oitavas, dende o Si2. Os intérpretes modernos usan a man no pavillón para variar a afinación e a cor do son.

A trompa en fa ten tres válvulas, seccións de tubo estreito que se abren ao final nun pavillón en forma de campá ancha, e boquilla de funil que xustifica o son brando e doce. A trompa tenor-baixo en fa e si bemol, introducida contra 1900, substituíu a trompa en fa. Equipada cunha válvula extra para prolongar o tubo até si bemol, ofrece vantaxes técnicas. As orquestras máis modernas inclúen catro destes instrumentos.

  1. "trompa". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-17. 

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.