[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Star Wars Episode VII: The Force Awakens

filme da serie de Star Wars
(Redirección desde «Star Wars: The Force Awakens»)

Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que se estreou en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).

Star Wars Episode VII:
The Force Awakens
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalStar Wars Episode VII:
The Force Awakens
DirectorJ. J. Abrams
ProdutorJ. J. Abrams
Bryan Burk
Kathleen Kennedy
GuiónJ. J. Abrams
Lawrence Kasdan
Baseado enPersonaxes de George Lucas
IntérpretesDaisy Ridley
John Boyega
Adam Driver
Oscar Isaac
Andy Serkis
Domhnall Gleeson
Max von Sydow
Harrison Ford
Carrie Fisher
Mark Hamill
Anthony Daniels
Peter Mayhew
Kenny Baker
MúsicaJohn Williams
FotografíaDan Mindel
MontaxeMaryann Brandon
Mary Jo Markey
EstudioWalt Disney Pictures
Lucasfilm
Bad Robot Productions
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
Estrea2015
Duración135 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$306 000 000[1]
Recadación$2 068 000 000[2]
Filme anteriorA guerra das galaxias, episodio VI: O retorno do Jedi
Filme seguinteStar Wars Episode VIII: The Last Jedi
Na rede
http://www.starwars.com/the-force-awakens
IMDB: tt2488496 Filmaffinity: 569795 Allocine: 215097 Rottentomatoes: m/star_wars_episode_vii_the_force_awakens Mojo: starwars7 Allmovie: v574143 TCM: 2013601 Metacritic: movie/star-wars-episode-vii---the-force-awakens TV.com: movies/star-wars-the-force-awakens BNE: XX5637975 Netlix: 80058070 Editar o valor en Wikidata

The Force Awakens é o primeiro filme da terceira triloxía de Star Wars, despois da adquisición feita por The Walt Disney Company de Lucasfilm en outubro de 2012. Foi producido por Abrams, o seu colaborador habitual Bryan Burk, e a presidenta de Lucasfilm Kathleen Kennedy. Ademais de dirixir e producir, Abrams foi co-guionista con Lawrence Kasdan, que tamén escribiu os filmes da triloxía orixinal O imperio contraataca e O retorno do Jedi. Abrams e Kasdan reescribiron un guión inicial de Michael Arndt. John Williams volve ser o compositor da banda sonora, e o creador da saga, George Lucas, é o asesor creativo.

O filme está producido por Walt Disney Pictures, Lucasfilm, e Bad Robot Productions e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. A fase de rodaxe comezou en abril de 2014 en Abu Zabi e Islandia, e a fotografía realizouse entre maio e setembro de 2014 en Abu Zabi, Irlanda, e Pinewood Studios en Inglaterra. The Force Awakens foi estreado o 18 de decembro de 2015 en 2D, 3D e IMAX 3D.

Personaxes

editar
  1. The Numbers (ed.). "Star Wars Ep. VII: The Force Awakens (2015) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016. Consultado o 22 de abril de 2016. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Star Wars: The Force Awakens (2015)". Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Breznican, Anthony (11 de decembro de 2014). Entertainment Weekly, ed. "'Star Wars: The Force Awakens' character names revealed (in coolest way possible) -- exclusive". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  4. StarWars.com (ed.). "Capturing a Galaxy: An Interview with Annie Leibovitz – Exclusive". StarWars.com. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  5. Davis, Edward (10 de xullo de 2015). Indiewire, ed. "'Star Wars: The Force Awakens': Domhnall Gleeson Revealed To Be On The Dark Side As General Hux". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  6. Petty, Jared (4 de maio de 2015). IGN, ed. "GAME OF THRONES' GWENDOLINE CHRISTIE REVEALED AS STAR WARS' CHROME TROOPER CAPTAIN PHASMA". Consultado o 23 de maio de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar