Selim I
Selim I (Otomán: سليم الأول, Turco:I.Selim), nado o 10 de outubro de 1465 e finado o 22 de setembro de 1520, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1512 e 1520.
Traxectoria
editarDestronou o seu pai Bayezid II en 1512. Durante os dous anos seguintes dedicouse a eliminar a todos os membros da dinastía real que puidesen ter pretensións ao trono. Unha vez afortalado no interior dirixiu as súas miradas cara á dinastía dos safavís, que establecera en Persia un estado xíi que ameazaba a autoridade do sultán ao estender os predicadores o xiísmo en Anatolia. Selim proclamou a guerra santa, en abril de 1514 á fronte de 100.000 soldados comezou a súa campaña contra Irán, o xa Ismaíl I quen primeiro se retira cara ao interior e logo enfróntase na batalla de Chaldiran que deu a vitoria a Selim e continuando o seu avance entrou en Tabriz. En 1516 Selim emprendeu unha nova campaña cara ao leste, cruzou o Éufrates e dirixiuse cara ao sur e na batalla de Marj Dabiq venceu aos mamelucos, Siria caeu e en outubro cruzou o Sinaí e en xaneiro venceu de novo aos mamelucos nas batalla de Ridanieh, era a fin do Imperio dos mamelucos e Selim pasou a ser recoñecido como o servidor dos Santos Santuarios Medina a A Meca e protector do islam. Selim estendeu o territorio do imperio dos 2.500.000 km² aos 6.500.000 e o control das cidades santas aseguráballe o predominio no mundo islámico. Á súa volta de Exipto Selim morreu cando preparaba unha nova campaña militar.