Sahagún, León
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sahagún é unha vila e municipio, situada no sueste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2008 tiña 2858 habitantes.
Sahagún (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Sahagún (en) | |||
Contén a división administrativa | Arenillas de Valderaduey (en) Celada de Cea (en) Galleguillos de Campos (en) Joara (en) Riosequillo Sahagún (en) San Pedro de las Dueñas (en) San Martín de la Cueza (en) Sotillo de Cea (en) Villalebrín (en) Villalmán (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.456 (2023) (19,86 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 123,64 km² | |||
Altitude | 813 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Emilio Redondo Callado (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24320 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24139 | |||
Sitio web | aytosahagun.es | |||
Historia
editarXorde a poboación á beira dun mosteiro, consagrado ós Santos Facundo e Primitivo. Este mosteiro foi destruído e reconstruído varias veces, e adquiriu grande importancia no reinado de Afonso III "O Magno", chegando ó seu maior esplendor no reinado de Afonso VI, quen concede, o 25 de novembro de 1085, un vantaxoso foro con leis e exencións a cantos quixesen vir poboar a nova vila de San Facundo. É o coñecido como Foro de Sahagún, concedido ao abade e á vila; este feito conduciu a un extraordinario crecemento en tódolos sentidos do mosteiro e da vila. A importancia da congregación monástica foi tal que foi denominado o "Cluny español", e á sombra do mosteiro naceu un dos burgos máis importantes da Baixa Idade Media Hispana. A vila converteuse nun dos focos culturais máis importantes da historia de España e entre os seus muros conviviron homes das máis distintas razas e culturas, desde comerciantes francos e doutras nacionalidades ata mudéxares, xudeus, e doutras diversas etnias.
Nalgún momento a tensión entre os burgueses comerciantes, artesáns... deu lugar a situacións conflitivas. Neste sentido, as revoltas burguesas facundinas contra o abusivo poder abacial, son paradigma en toda a Coroa de Castela Medieval tanto pola súa importancia como polo coñecemento que diso se ten (destacan tamén as de Santiago de Compostela).
O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas Crónicas Anónimas. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as rebelións burguesas sucedidas entre 1237 e 1255.
Así, a Abadía converteuse na máis importante do Camiño de Santiago, chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de Segovia. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por Clemente VI en 1347; con Bieito XIII, en 1403 podíanse cursar xa os estudos de Teoloxía, Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa Universidade de Salamanca e proveu de catedráticos á de Alcalá de Henares, sendo matriz da orde de San Bieito en España ata o século XVI.
O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta de poboación tiña xa 12.000 habitantes.
O correr dos séculos trouxo a progresiva decadencia da vila e da súa Abadía, proceso acentuado coa desamortización de Mendizábal, que acabou case definitivamente coa intensa vida relixiosa da vila desde tempos de Afonso VI.