[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Reino de Castela

Estado soberano europeo na Península Ibérica de 1065 a 1230. De 1230 a 1833 foi a xurisdición territorial da Coroa de Castela

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdiu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasalo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona

Modelo:Xeografía políticaReino de Castela
Reino de Castilla (es) Editar o valor en Wikidata

Epónimocastelo Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalBurgos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua castelá
lingua éuscara
lingua galega
lingua leonesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica, Islam e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1035 Editar o valor en Wikidata
Disolución1715 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCoroa de Castela Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
monarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaMarabedí Editar o valor en Wikidata

BNE: XX450943

Historia

editar

Séculos IX-XI: inicios

editar
Artigo principal: Condado de Castela.

A primeira mención a «Castela» aparece nun documento do ano 800: «levantamos unha igrexa en honor a San Martín, en Área Patriniano, no territorio de Castela».

Na Crónica de Afonso III (Rei de Asturias, século IX) dise: «As Vardulias agora son chamadas Castela».

Eo tempore populantur Primorias, Lebana, Transmera, Supporta, Carranza, Bardulia quae nunc appellatur Castella.[1]
Crónica de Afonso III
 
Castela en 843 formando parte de Asturias e independente en 1150.

O condado de Castela repóboase maioritariamente por habitantes de orixe cántabra, ástur, vasca e goda cun dialecto romance propio, o castelán, e cunhas leis diferenciadas.

O primeiro conde de Castela é Rodrigo no 860 (baixo Ordoño I de Asturias e Afonso III o Magno). O condado de Castela experimenta unha grande expansión durante o goberno do conde Rodrigo, que se dirixe cara ao sur ata chegar a Amaya (860) e a costa dos cordobeses pola Rioja. Ademais, a partir da sublevación do conde alavés Eglyón, Álava incorpórase ao condado de Castela. No ano 931, o condado de Castela unifícase co conde Fernán González, facendo dos seus dominios un condado hereditario ás costas dos reis de León.

Séculos XI-XII: expansión e unións ao Reino de León

editar

No 1028, Sancho III O Maior de Navarra adquire o Condado de Castela trala morte do conde García Sánchez, pois está casado coa irmá deste. Como herdanza, no ano 1035 deixa un minguado Condado de Castela ao seu fillo Fernando.

 
Castela incorporada ao reino de Sancho III (de 1029 a 1035).
 
Castela en 1037 trala partición do reino de Sancho III entre os seus fillos).

Fernando I estaba casado con Sancha, irmá á súa vez de Vermudo III de León. Fernando provoca unha guerra na que morre o soberano leonés na batalla de Tamarón contra a coalición castelán-navarra. Ao non ter descendencia Bermudo III, o seu cuñado Fernando I aprópiase da coroa leonesa esgrimindo os dereitos da súa muller. O 22 de xuño de 1038 foi unxido rei de León. Á morte de Fernando I no 1065, o seu testamento segue a tradición navarra de dividir os reinos entre os herdeiros:

  • Ao primoxénito, Sancho II, légalle Castela elevando de forma oficial a súa condado hereditario a condición de reino.
  • A Afonso VI outórgalle o territorio achegado pola nai: o Reino de León.
  • Ao terceiro, García, entrégalle o Reino de Galicia.
  • Á súa filla, Urraca, déixalle a praza de Zamora.
  • Á súa filla Elvira, a cidade de Toro.

Sancho II de Castela alíase con Afonso VI e entre ambos conquistan Galicia. Sancho non contento con Castela e media Galicia ataca ao seu irmán e ocupa León coa axuda de O Cid, co que producese a primeira unión entre os reinos de Castela e León. Grazas a Urraca, en Zamora refúxiase o groso do exército leonés, ao que Sancho pon cerco e onde o rei castelán é asasinado en 1072 polo nobre leonés Vellido Dolfos, retirándose as tropas castelás. Deste xeito Afonso VI recupera todo o territorio, gobernando como Rei de León, Castela e Galicia, mantendo a unión dos reinos de León e Castela efectuada polo seu irmán Sancho. Con todo, seguen existindo dous reinos diferenciados en administración, linguas romances e leis.

Con Afonso VI prodúcese un achegamento ao resto de reinos europeos, especialmente a Francia. Casa ás súas fillas Urraca e Tareixa con Raimundo de Borgoña e Henrique. No concilio celebrado en Burgos no 1080 substitúese o típico rito mozárabe polo romano.

Á morte de Afonso VI sucédelle no trono a súa filla Urraca. Esta casou, en segundas nupcias, con Afonso I de Aragón, pero ao non lograr a unificación dos reinos e debido aos grandes enfrontamentos de clases entre os dous reinos, Afonso I repudiou a Urraca no 1114, o que agudizou os enfrontamentos entre os dous reinos. Aínda que o papa Pascual II anulara o matrimonio anteriormente, seguiron xuntos ata esa data. Urraca tamén tivo que enfrontarse ao seu fillo, rei de Galicia, para facer valer os seus dereitos sobre ese reino, e á súa morte o mesmo fillo sucédelle como Afonso VII, froito do seu primeiro matrimonio. Afonso VII consegue anexionarse terras dos reinos de Navarra e Aragón (debido á debilidade destes reinos causada polo seu secesión á morte de Afonso I de Aragón).

Renuncia ao seu dereito á conquista da costa mediterránea en favor da nova unión de Aragón co Condado de Barcelona (Petronila e Ramón Berenguer IV). Afonso VII intitulase no 1135 Imperator Legionensis et Hispaniae en León.

Século XIII: unión final co Reino de León

editar
Artigo principal: Coroa de Castela.

Afonso VII volve á tradición real da división dos seus reinos entre os seus fillos. Sancho III pasa a ser rei de Castela e Fernando II, rei de León.

De novo a rivalidade entre os dous reinos faise presente ata o ano 1230, cando Fernando III o Santo recibiu da súa nai Berenguela (en 1217) o Reino de Castela e do seu pai Afonso IX (en 1230) o de León. Así mesmo, aproveitou o declive do imperio almohade para conquistar o val do Guadalquivir mentres que o seu fillo Afonso tomaba o Reino de Murcia.

As Cortes de León e Castela fundíronse, momento o que se considera que xorde a Coroa de Castela, formada por dous reinos: Castela e León, así como taifas e señoríos conquistados aos árabes (Córdoba, Murcia, Xaén, Sevilla). Os reinos conservaron o seu dereito (por exemplo, ás persoas do Reino de Castela que eran xulgadas no Reino de León aplicábaselles o dereito daquel Reino).

Goberno: Monarcas, Concellos e Cortes

editar

Como todo reino medieval, o poder supremo pola graza de Deus recaía no rei. Pero comezan a xurdir comunidades rurales e urbanas para tomar decisións sobre problemas da vida cotiá.

Estes Concellos evolucionarán aos que unha parte dos veciños representará ao resto. Así mesmo conseguirán un maior poder como a elección de maxistrados e oficiais, alcaldes, pregoneros, escribanos etc.

Ante o crecente poder dos Concellos, xorde a necesidade da comunicación entre o rei e estes, xurdirán as Cortes no ano 1188 no Reino de León, o cal terá a súa correspondente versión no Reino de Castela no ano 1250. Nas Cortes medievais, os habitantes das cidades eran un grupo reducido, coñecidos como laboratores e non tiñan facultades lexislativas, pero era un punto de unión entre o rei e o reino, algo no cal os reinos de León e Castela foron pioneiros.

 
Pendón de Castela

Símbolos do Reino de Castela

editar

No reinado de Afonso VIII de Castela comenzouse a empregar un castelo de ouro, aclarado de azur e mazonado de sable, en campo de goles, como símbolo do Reino de Castela, en escudos e pendóns.

  1. Nota 13 de FONTES ESPAÑOLAS ALTOMEDIEVALES

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar