[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.

Modelo:Xeografía políticaRennes
Imaxe
(2013)

Lema«Vivre en intelligence» Editar o valor en Wikidata
EpónimoRedones Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°06′51″N 1°40′51″O / 48.1142, -1.6808
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoIlle e Vilaine
Distritosdistrito de Rennes Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación225.081 (2021) Editar o valor en Wikidata (4.466,78 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaÁrea de concentración metropolitana de Rennes
Unidade urbana de Rennes Editar o valor en Wikidata
Superficie50,39 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Vilaine e Río Ille Editar o valor en Wikidata
Altitude46 m-74 m-20 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
3 de outubro de 1356Asedio de Rennes Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataNathalie Appéré (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35000, 35200 e 35700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Exeter (1956–)
Rochester (1958–)
Erlangen (1964–)
Brno (1965–)
Sendai (1967–)
Lovaina (1980–)
Cork (1982–)
Setif (pt) Traducir (1982–)
Almati (1991–)
Bandiagara Cercle (en) Traducir (1995–)
Poznan (1998–)
Sibiu (1999–)
Jinan (2002–) Editar o valor en Wikidata
Ben catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural
IdentificadorIA35022285

Sitio webmetropole.rennes.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: metropole.rennes Twitter: metropolerennes Instagram: rennesvilleetmetropole LinkedIn: rennes-m-tropole Youtube: UCmWWc_6kL1Pxy8zNSxy79Ww Editar o valor en Wikidata
O pazo do parlamento da Bretaña, reconstruído despois do incendio de 1994. Protexe o Tribunal de Apelación de Rennes.

Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.

Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.

En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana[1], Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.

Xeografía

editar

Rennes atópase a 308 km ó oeste de París, en liña recta. Ocupa unha posición excéntrica en relación co conxunto do territorio da Bretaña, atopándose a 50 km do límite oriental da rexión e a 250 km da punta occidental de Finistère. A súa situación occidental en relación co resto do territorio nacional impulsouno a xogar un papel central no Arco Atlántico, unha das grandes rexións transnacionais recoñecidas pola Comisión Europea.[2]

Atópase no corazón dunha área urbana de 690 000 habitantes, repartidos entre unhas 190 comunidades periurbanas. Xoga un papel crucial na economía da Bretaña moderna.

Rennes forma parte e é sede de Rennes Métropole.[3]

Goza dun clima oceánico, con invernos un pouco fríos e húmidos, e veráns algo secos e moderadamente quentes.

Datos climáticos para Rennes, Brittany
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 8,7 9,6 12,7 15,2 18,9 22,2 24,5 24,3 21,6 17,0 12,1 9,1 16,4
Media mínima en °C 3,0 2,6 4,5 5,9 9,3 11,9 13,8 13,7 11,4 9,1 5,5 3,3 7,9
Precipitación media mm 67,6 49,1 51,6 50,9 67,2 46,7 49,1 37,8 59,0 74,8 67,5 72,7 694,0
Media de días con precipitacións 11,5 9,4 9,8 9,9 9,8 7,3 7,3 6,4 7,7 11,1 11,7 12,4 114,4
Media de días con neve 2,1 2,6 1,5 0,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,7 1,7 9,2
Humidade relativa media (%) 87 83 79 76 77 75 75 76 80 85 87 87 80,6
Media de horas de sol mensuais 69,1 87,2 128,4 162,7 191,2 217,3 210,7 205,5 177,8 117,5 81,3 68,6 1 717,1
Fonte #1: Météo France[4][5]
Fonte #2: Infoclimat.fr (humidity, snowy days 1961–1990)[6]

Administración

editar
Lista de alcaldes
Período Nome Partido
1944-1953 Yves Millon
1953-1977 Henri Fréville MRP
1977-2008 Edmond Hervé PS
2008-2014 Daniel Delaveau PS
2014- Nathalie Appéré PS

Demografía

editar

Poboación

editar
 
Área urbana de Rennes.

Evolución demográfica

editar
1793 1800 1806 1821 1831 1836 1841 1846 1851
30 160 25 904 29 225 29 589 27 340 35 552 37 895 39 218 39 505
1856 1861 1866 1872 1876 1881 1886 1891 1896
45 664 45 483 48 283 52 044 57 177 60 974 66 139 69 232 69 937
1901 1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946 1954
74 676 75 640 79 372 82 241 83 418 88 659 98 538 113 781 124 122
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 - -
151 948 180 943 198 305 194 656 197 536 206 229 209 613 - -

Educación

editar
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  2. "Páxina da Comisión Arco Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  3. http://metropole.rennes.fr/
  4. "Données climatiques de la station de Rennes" (en French). Meteo France. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  5. "Climat France" (en French). Meteo France. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  6. "Normes et records 1961-1990: Rennes-St Jacques (35) - altitude 36m" (en French). Infoclimat. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  7. delimitada polos movementos cotiáns de traballo, segundo os criterios do INSEE

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar