[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Ramón Encinas Dios

futbolista e adestrador galego

Ramón Encinas Dios, nado en Pontevedra o 19 de maio de 1893 e finado en Madrid o 21 de marzo de 1967, foi un xogador e adestrador galego de fútbol.

Modelo:BiografíaRamón Encinas Dios
Biografía
Nacemento19 de maio de 1893 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  RCD Espanyol
  FC Barcelona
  Pontevedra CF
  Celta de Vigo
Familia
PaiVictoriano Encinas Reyes Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Victoriano Encinas Reyes e Isabel Dios. Desde novo viviu un ambiente de gran paixón polo fútbol, que entón comezaba a difundirse por Galiza desde Inglaterra. Seguiu os pasos do seu irmán máis vello Victoriano, xogador do Pontevedra Fútbol Club desde 1905, fichando por ese equipo en 1907, con 14 anos. Sendo adolescente viaxou como polisón a Montevideo, incorporándose a varios equipos da capital uruguaia, onde adquiriu experiencia antes de regresar a Galiza. Trala súa volta, xogou no Closvin e no Iriña de Vigo.

En 1920, sendo xogador do Racing de Vigo, foi preseleccionado para xogar as Olimpíadas de Antuerpen, se ben finalmente non asistiu ao evento.

Adestrador

editar

Ao non acadar como xogador o éxito que agardaba, en 1922 probou sorte como adestrador. Entre 1922 e 1925 estivo en tres equipos cataláns: o Tàrrega FC, o Club Deportivo Reus e o Palafrugell FC. De 1925 a 1927 foi contratado polo Sevilla Fútbol Club.

Regresou a Galiza para adestrar ao Celta de Vigo de 1928 a 1931. En 1930 foi chamado por José María Mateos, adestrador da selección española de fútbol, para ser o seu colaborador técnico. Foi ratificado nesa posición polo seguinte seleccionador, Amadeo García de Salazar, tendo os dous ao seu cargo a xogadores como Luis Regueiro, Isidro Lángara, Ricardo Zamora, Eduardo González Valiño, Ramón Zabalo, Jacinto Quincoces, Martín Ventolrá, Leonardo Cilaurren, Guillermo Gorostiza ou Martín Marculeta, que participaron no Mundial de 1934.

Na tempada 1933-34 regresou ao Sevilla CF, ascendendo a primeira división. Na tempada seguinte quedaron no 5º lugar e gañaron a Copa de España tras eliminar ao Sabadell, Real Madrid, Osasuna e Atlético de Madrid.

Co estoupido da guerra civil española detívose a actividade deportiva profesional, o que provocou a marcha de bo número de futbolistas e adestradores aos seus lugares de orixe. Moncho Encinas regresa a Pontevedra.

Na campaña 1939-40 dirixe o Valencia CF, e ano seguinte logra o primeiro gran título, a Copa do Xeneralísimo, tras vencer na final ao Espanyol. Na tempada 1941-42 acada o campionato de liga, logrando o récord de puntuación até ese momento, 40 puntos en 26 partidos, sendo o equipo máximo goleador con 85 goles e sete puntos de diferenza sobre o segundo, o Real Madrid. Precisamente pasou a adestrar a este equipo na segunda metade de 1942, manténdose até a tempada 19944-45, cando logra o subcampionato de liga.

En 1945 Moncho Encinas regresa ao Sevilla, gañando a liga nesa mesma tempada. No equipo hispalense manteríase o resto da súa carreira deportiva. Até 1948 como adestrador, e até 1958 como secretario técnico.

En 1946 marcha a Inglaterra para aprender as técnicas e tácticas máis modernas que se estaban a aplicar alí. En 1948 adestrou canda a Patricio Caicedo, acadando de novo a Copa do Xeneralísimo co Sevilla.

Retirada

editar

Tras deixar o fútbol regresou a Pontevedra xunto coa súa familia. Morreu en Madrid, pero foi soterrado na súa vila natal.

Familia

editar

Foi tío de Ramón Encinas Diéguez, que ostentou entre outros cargos os de gobernador civil de Huesca, Pontevedra e Albacete.[1]

  1. "Moncho Encinas, ha muerto". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de marzo de 1967. p. 16. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar