[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

O río Mondego é un curso fluvial portugués, que desemboca no océano Atlántico en Figueira da Foz, logo de atravesar Coímbra.

Modelo:Xeografía físicaRío Mondego
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaPortugal Editar o valor en Wikidata
División administrativaDistrito de Coimbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra da Estrela Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°25′31″N 7°34′48″O / 40.4252, -7.5801
40°08′43″N 8°52′04″O / 40.1454, -8.8677
Afluentes
Alva (pt) Traducir, Ceira (pt) Traducir, Rio Dão (pt) Traducir, Rio Arunca (pt) Traducir, Rio Ceira (pt) Traducir, Rio Ega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións234 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica6.644 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal108,3 m³/s Editar o valor en Wikidata

Percorrido

editar

Nace na Serra da Estrela, concello de Gouveia a 1.425 m de altitude; no percurso máis alto é chamado Mondeguinho, porque apenas é máis do que un pequeno fío de auga.

É o maior dos cursos fluviais que nacen en Portugal, grazas ás augas dos seus afluentes, especialmente na marxe dereita o Dão e na esquerda o Alva, o Ceira, o Arunca e a ribeira do Botão.

O Mondego percorre cerca de 220 km. As súas marxes, entre Coímbra e Figueira da Foz, son os terreos máis fértiles de Portugal. Nestas terras acádase a maior produción de arroz por hectárea de toda Europa.

Étimo e historia

editar

Os romanos chamaban Munda ("transparencia, claridade, pureza") ao Mondego, denominación que perdurou ao longo da Idade Media.

Antigamente, o río Mondego era navegábel. Os barcos que viñan do océano Atlántico ían até Coímbra, e os mais pequenos chegaban mesmo até Penacova.

No Parque Verde do Mondego e en Lisboa, no Museu de Mariña, encostado ao Planetario de Lisboa próximo do Mosteiro dos Xerónimos, está exposto un barco bastante comprido que navegaba entre Coímbra e Penacova. Este barco servía para que as mulleres de Penacova fosen a Coímbra buscar roupa sucia e despois volvela lavada e pasada a ferro.