[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Praslin, Seychelles

Praslin é a segunda illa en tamaño de Seychelles (38 km²). Está situada a 44 km ao nordeste de Mahé. A súa poboación rolda ao redor das 6.500 persoas e ten dúas distritos administrativos (Baie Sainte Anne e Grand' Anse (Praslin). Os seus asentamentos principais son Baie Ste Anne, Anse Volbert e Grand Anse.

Modelo:Xeografía físicaPraslin, Seychelles
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deSeychelles Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIlhas Interiores (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSeychelles Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°19′14″S 55°43′56″L / -4.3206, 55.7322
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude367 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións5 (ancho) × 12 (lonxitude) km
Perímetro46 km Editar o valor en Wikidata
Superficie37,58 km² Editar o valor en Wikidata

Foi chamada "Isle de Palmes" polo explorador Lazare Picault en 1744. Durante un tempo foi utilizado como agocho polos piratas e os comerciantes árabes. En 1768 foi renombrada como Praslin en honra do diplomático francés César Gabriel de Choiseul, duque de Praslin.

Praslin coñécese como destino turístico, con moitas praias e hoteis. Tamén ten bosques tropicais, con paxaros como o Bulbul de Seychelles e o seu endémico papagaio negro. A fermosa Reserva Natural Val de Mai (Valée de Mai Nature Preserve) patrimonio da humanidade, é coñecida polo "Coco de Mer" ou Coco Dobre e as orquídeas de vainilla. Dise que o xeneral Charles George Gordon de Khartoum (1833-1885) estaba convencido de que o Val de Mai era o "xardín do Eden".

En Praslin atópase o Aeroporto da illa de Praslin. As illas circundantes son Curieuse, La Digue, Cousin, Cousine e Aride. Ten tamén algúns illotes próximos como Round Island (0'193 km²) e Chauve Souris (0.007 km²) ambos con hoteis.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar