[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Porto Santo é unha illa de Portugal, a 40 km ao nordeste de Madeira. Foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, e ten unha praia de area dourada de case 10 km.

Modelo:Xeografía políticaPorto Santo
Imaxe

Localización
Mapa
 33°04′N 16°22′O / 33.06, -16.36
EstadoPortugal
Rexión AutónomaRexión Autónoma da Madeira Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaIlha do Porto Santo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie42,48 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Día festivo

A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.

A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.

Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.

A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.

Sitios turísticos

editar
 
Vista aérea de Porto Santo.
  • Pico do Castelo
  • Pico do Facho
  • Fonte de Area
  • Ponta da Calheta
  • A Pedeira

Véxase tamén

editar