[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Pelegrín foi unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi a mascota oficial do camiño entre o Ano Xacobeo de 1993 e o de 2004. É un boneco que leva un bordón con cabaza, dous dos elementos distintivos dos peregrinos.

Escultura de Pelegrín na Casa da Torre, o albergue de Redondela.
Escultura de Pelegrín en Santa Irene (Arca, O Pino).

Características

editar

Foi deseñada por Luís Carballo[1] de cara ao Ano Santo de 1993. A súa imaxe presentouse en 1992 na Exposición Universal de Sevilla. Foi usado tamén no Ano Santo de 1999 e o de 2004.[2] No Ano Xacobeo de 2010 foi substituído por Xubi[3], mascota deseñada por Alberte Permuy.

  1. Pelegrín, ficha na Xacopedia.
  2. "El Xacobeo rescata al Pelegrín y a varios de los patrocinadores de 2004". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-03. 
  3. Cuíña, S. "‘Xubi’ jubila a ‘Pelegrín’ como mascota xacobea.". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar