[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Caimán almiscreiro común

(Redirección desde «Paleosuchus palpebrosus»)

O caimán almiscreiro común[2] (Paleosuchus palpebrosus), é unha especie de pequeno caimán[3] suramericano presente en varios países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. É unha das especies da orde Crocodilia menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.

Caimán almiscreiro común
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Subfamilia: Caimaninae
Xénero: Paleosuchus
Especie: P. palpebrosus
Nome binomial
'Paleosuchus palpebrosus'
(Cuvier, 1807)
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro

Distribución xeográfica do caimán almiscreiro

Etimoloxía e nome

editar

O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico Paleosuchus vén do grego palaios 'antigo' e soukhos 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de caimáns hai uns 30 millóns de anos. O nome específico palpebrosus deriva do latín palpebra 'pálpebra' coa terminación latina osus 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.[4] O nome común de caimán anano de Cuvier que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.

Descrición e hábitat

editar

Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de crocodilos máis pequena do mundo. Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.

  1. Crocodile Specialist Group. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, p. 720
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caimán.
  4. Britton, Adam (2009-01-01). "Paleosuchus palpebrosus (Cuvier, 1807)". Crocodilian species list. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 2013-11-04. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar