Oleiros, Vilalba
San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 317 habitantes (164 homes e 153 mulleres).
Oleiros | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°15′18″N 7°38′12″O / 43.2550027, -7.636572 |
Poboación | 317 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA parroquia esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso.
En Oleiros, denominada tamén como Somede, xunto con Sancovade e superado o val de Ladra, é onde comeza a chaira que dá nome á comarca.
Economía
editarNa parroquia existiu unha industria de cerámica popular, de onde procede a súa denominación. Conta cunha queixeria de San Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha panaderia, unha carpinteria e diversos comercios que dan traballo a veciños desta parroquia.
Conta ademais coa empresa "Capones Aurora", propiedade da señora que lle dá nome, empresa pioneira na distribución de capóns durante todo o ano, actualmente vangarda na distribución e venda do capón, tanto na época do Nadal como no resto do ano. A empresa obtivo diversos premios e galardóns.
Historia
editarEn Oleiros editouse o periódico La Voz de Oleiros entre 1923 e 1925.
Patrimonio
editarRestos prehistóricos e da época romana no Castro. A parroquia aparece mencionada nun documento de 1213 como San Mammes de Ollariis e en 1407 como o Coto de Oleiros.
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Oleiros entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
Galería de imaxes
editar-
Igrexa parroquial (vista frontal).
-
Igrexa (vista posterior).
-
Vacas cachenas en Oleiros.
-
Cemiterio.
-
Cemiterio.
Lugares e parroquias
editarLugares de Oleiros
editarLugares da parroquia de Oleiros no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
Abeledo | Abrigueiro | Agadín de Abaixo | Agadín de Arriba | Amido | A Barrosa | Os Boizás | Cabanas | Cal da Pena | Carballo | O Carboeiro | Carracedo | Carreiranova | As Casas Novas | O Castro | Escadavada | Ferradás | Fonteverde | Os Foxos | Os Gardados | Gardamil | A Granda | Liñares | O Outorelo | Pedrido | A Raña | A Roza | O Salgueiro | O Sanchón | Vilanune | Vilariz |
Parroquias de Vilalba
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.