[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Ogma ou Oghma é unha figura da mitoloxía irlandesa, membro dos Tuatha Dé Danann, frecuentemente considerado unha divindade relacionada co deus galo Ogmios.

Representación moderna, baixorrelevo en bronce, de Ogma; obra de Lee Lawrie (1939). Biblioteca do Congreso Edificio John Adams, Washington, D.C.

Mitoloxía

editar

Fillo de Elatha[1], loitou na primeira batalla de Mag Tuired, cando os Tuatha Dé chegados a Irlanda derrotaron os Fir Bolg.[2] Baixo o reinado de Bres, cando os Tuatha Dé quedaron reducidos á servidume, Ogma viuse obrigado a, aínda así é o único dos Tuatha Dé que proba a súa forza atlética e marcial en contendas diante o rei. Logo da derrota de Bres e a restauración de Nuadu, Ogma convértese no seu campión. A súa posición vese en perigo pola chegada de Lug á corte, así que Ogma desafíao a levantar e arrebolar unha gran laxe, para a que normalmente se precisan oitenta bois para movela, Lug acepta o desafío e gaña.

Na segunda batalla de Mag Tuired, Ogma convértese no campión de Lug e promete rexeitar o rei dos fomoire, durante a botalla Ogma morre pero reaparece de novo[3] e conquista a espada de Tethra, o rei dos fomoire, denominada Orna, perseguindo os fomoire canda Lug e Dagda. Ogma forma unha tríade xunto con Lug e Dagda[4]. Ogma é o inventor mítico da escrita ogham[5].

  1. The Celtic Encyclopedia, Volume 3. Universal-Publishers, 1998, páxina 580
  2. J. Fraser (ed. & trans.), "The First Battle of Moytura" Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine., Ériu 8, pp. 1-63, 1915
  3. Jarich G. Oosten The War of the Gods: The Social Code in Indo-European Mythology. Routledge, 1985, páxina 123
  4. Jarich G. Oosten Ob. cit., páxina 29
  5. James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press, 1998, p. 310

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar