Niki Terpstra
Niki Terpstra, nado en Beverwijk o 18 de maio de 1984, é un ciclista profesional dos Países Baixos.
(2018) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1984 (40 anos) Beverwijk, Países Baixos (pt) | |||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | |||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista, ciclista de pista | |||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Países Baixos | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Clásica | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
2022 | UCI Europe Tour de 2022 (pt) (751º)../... 25+ | |||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Mike Terpstra | |||||||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | nikiterpstra.nl | |||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarTerpstra compaxinou durante parte da súa carreira a participación en probas de estrada co ciclismo en pista, no ano 2005 nos mundiais da especialidade celebrados nos Ánxeles, acadou unha medalla de prata na proba de persecución por equipos.
No 2008 firmou o seu primeiro contrato cun equipo pro Tour, o Milram. No ano 2010 gañou o campionato nacional de Holanda por primeira vez, vitoria que repetiu en 2012 e 2015. Este triunfo abriulle as portas do equipo Quick-Step, no que acadou os seus maiores logros deportivos.
Ás ordes de Patrick Lefevere no Quick-Step destacou como especialista en clásicas gañando dous monumentos do ciclismo a París-Roubaix de 2014 e o Tour de Flandres de 2018 e outras carreiras importantes como Le Samyn (2016 e 2018), a Dwars door Vlaanderen -tamén coñecida como A Través de Flandres- (2012 e 2014) ou a E3 Harelbeke de 2018.
En carreiras de varios días gañou a clasificación xeral do Tour de Qatar en 2014 e 2015, o Eneco Tour de 2016 e o Tour de Valonia de 2015.
Co equipo Quick-Step conseguiu ser catro veces campión do mundo de contra o crono por equipos (12,13,16 e 18)
Dende o 2019 compite no equipo francés Direct Énergie[1].
Foi olímpico en dúas ocasións coa selección holandesa nos Xogos de Pequín e Londres.
Notas
editar- ↑ "Niki Terpstra". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-06.