Namek
O Planeta Namek (ナメック星 Namekkusei, Planeta Namekusei?) é un planeta ficticio da serie de manga e anime Dragon Ball. O seu nome provén da palabra xaponesa para Lesma (ナメクジNamekuji?). Ten a aparencia dun planeta terrestre, cuberto na súa maior parte por auga.
Historia
editarNo ano 261 da Cronoloxía de Dragon Ball, o planeta sufriu bruscos cambios climáticos, o que provocou que Katattsu enviase ó seu fillo á Terra; alí converteuse, no ano 431, en discípulo do Deus da Terra, posto ó que accedería 30 anos máis tarde tras separar o seu corpo en 2 partes: Kamisama e Piccoro Daimaō.
O planeta foise recuperando pouco a pouco, e logrou acadar os 100 habitantes no ano 762; dito ano, Freezer e Vexeta deciden atacar cada un pola súa conta o planeta, co fin de reunir as Bólas do Dragón e pedir a inmortalidade. Entre os dous lograron o exterminio completo de tódolos habitantes e a destrución do planeta Namek, aínda que logo resucitan e son trasladados á Terra grazas a Shenron. Dende alí buscaron un novo planeta onde vivir, chamado Novo Namek.
Habitantes
editarO planeta está habitado principalmente por seres humanoides e intelixentes de cor verde, sen cabelo e con dúas antenas na fronte. Son máis lonxevos que os humanos. A súa aparencia foi deseñada por Akira Toriyama a partir de Lesmas e caracois, o cal se ve reflectido nalgúns dos seus nomes. Para alimentarse, unicamente necesitan beber auga. Reprodúcense asexualmente, por medio de ovos que expulsan da súa boca; aínda que a súa cultura establece que o encargado de facer isto é o Saichōrō (Gran Gurú), tódolos pertencentes ó clan dragón teñen esta habilidade.
Organización
editarOs habitantes na serie están divididos en seis aldeas, cada unha é liderada por un Chōrō, estes á súa vez son liderados polo Saichōrō que vive nunha rexión inhóspita co seu gardián Nail.
- Guerreiros (戦士タイプ Senshi Taipu?): son o menor porcentaxe da poboación. Teñen suficiente poder para enfrontarse a un guerreiro do espazo normal. Os seus principais exemplos serían Nail e Piccoro.
- Clan Dragón (龍族タイプ Ryūzoku Taipu?): son a maior parte da poboación. Poden crear Bólas do Dragón, aínda que no planeta Namek esa responsabilidade recae sobre o Saichōrō.
- Clan Demo (魔族 Mazoku?): son os Namekianos que creou Piccoro Daimaō, que foron corrompidos polo mal.
- Chōrō: os 6 líderes das aldeas, están encargados de coidar seis das Bólas do Dragón e entregarllas a alguén digno de pedir un desexo; a sétima Dragon Ball tena o Saichōrō.
- Saichōrō ou Gran Gurú: é o líder dos Namekianos, que segundo a súa cultura é o único que pode reproducirse.
Outras formas de vida do planeta
editarÁ parte desta raza, outras formas de fauna coñecidas do planeta son os sapos con dúas antenas similares ás dos namekianos; baleas xigantes, e aves voadoras. E como flora amósanse unicamente un tipo de herba curta que cobre a maioría da superficie do planeta e unhas árbores cun único talo alto e unha esfera de follaxe espeso na punta.
Na serie de anime aparecen dinosauros similares ós que habitan a Terra e falan dunha flor que se atopa en perigo de extinción por mor do desastre climatolóxico que sufriu o planeta fai anos. Os habitantes de Namek cultivábanas de novo co fin de facer o seu planeta fermoso como outrora.
Personaxes importantes
editarResidentes na Terra
editarDende
editar- Artigo principal: Dende.
Kamisama
editar- Artigo principal: Kamisama.
Piccoro
editar- Artigo principal: Piccoro.
Habitantes de Namek
editarCargo
editarCargo (カルゴ Karugo?) era o irmán de Dende, morreu durante o ataque de Freezer a Namek. Suponse que reviviu despois coas Bólas do Dragón de Namek. O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol en francés (Escargot).
Katattsu
editarKatattsu (カタッツ?) é o pai do Piccoro orixinal. Non aparece en ningún momento durante a serie. Só sabemos que, ante as graves catástrofes climatolóxicas que sufría o planeta Namek, enviou ó seu fillo nunha nave espacial ó planeta Terra, coa promesa de reunirse con el máis tarde. Porén, nunca o fixo. O seu fillo separouse en dúas partes: Kamisama e Piccoro Daimaō. Morreu xunto ó resto de namekianos (salvo un, que se converteu no pai de tódolos namekianos da seguinte xeración).
O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol (カタツムリ Katatsumuri?) en xaponés.
Saichōrō
editarÉ o gran líder do planeta Namek, tamén coñecido como o Gran Gurú encargado das Bólas do Dragón e da repoboación do planeta. Axudou durante moito tempo a Son Gohanda, Krilín e ós demais; espertou os poderes adormecidos de Son Gohanda e Krilín. O seu gardián era Nail, o cal fusiónase con Piccoro. Morre de vello durante a saga de Freezer.
Moori
editarMoori (ムーリ Mūri?) era un dos 6 Chōrō que coidaban as Bólas do Dragón de Namek, a súa aldea foi atacada por Freezer na súa busca das bólas. Foi asasinado por Dodorian e posteriormente revivido e trasladado á Terra xunto ós seus conxéneres.
O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol (カタツムリ Katatsumuri?) en xaponés.
Tsūno
editarTsūno (ツーノ?) era un dos 6 Chōrō que coidaban as Bólas do Dragón de Namek, a súa aldea foi atacada por Vexeta na súa busca.
O seu nome ven dunha canción xaponesa para nenos O corno do caracol (カタツムリの角 Katatsumuri no Tsuno?).
Nail
editar- Artigo principal: Nail.
Nail (ネイル Neiru?) é o Conselleiro do Gran Gurú, un dos poucos namekianos da estirpe guerreira que quedaba no planeta.
Novo Namek
editarEste planeta tivo certa importancia na historia, xa que dende ese lugar se devolveu a vida a tódolos habitantes da Terra, requisito imprescindible para que Son Goku lanzase a súa Bóla Genki a Majin Boo
Trala destrución do planeta Namek orixinal a mans de Freezer, os seus habitantes refuxiáronse na Terra á espera de que un desexo pedido ás bólas máxicas os trasladase a un novo mundo onde poder vivir. As súas características son moi semellantes ás do Namek orixinal.