Missouri
Missouri[1][2][3][4] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebrasca.
State of Missouri (en) | |||||
Himno | Missouri Waltz (en) (1949) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Salus populi suprema lex esto (en) » | ||||
Símbolo oficial | Pássaro Azul Oriental (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Show Me State | ||||
Epónimo | Río Missouri | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Jefferson City | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.154.913 (2020) (33,91 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.440.212 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 181.533 km² | ||||
Auga | 1,39 % | ||||
Bañado por | Río Missouri e Río Mississippi | ||||
Altitude | 240 m | ||||
Punto máis alto | Taum Sauk (pt) (540 m) | ||||
Punto máis baixo | Saint Francis (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 10 de agosto de 1821 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | government of Missouri (en) | ||||
• Governor of Missouri (en) | Mike Parson (pt) (2018–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Missouri , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Missouri (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MO | ||||
Identificador GNIS | 1779791 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Nagano (1965–) | ||||
Sitio web | mo.gov |
O produto interno bruto de Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Missouri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.
Missouri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Missouri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.
Notas
editar- ↑ Missouri Estado... Enciclopedia Galega Universal, t. 12, p. 134.
- ↑ Missouri Estado... Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1382.
- ↑ Missouri Estado... Diccionario enciclopédico galego universal, t. 42, pp. 57-58.
- ↑ Missouri en Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, p. 163, Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |