[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Os mammaliaformes ou mammaliformes (do grego "con forma de mamífero") son un grupo de terápsidos extremadamente pequenos que inclúe mamíferos e algúns antepasados do grupo. Os mamaliaformes son un clado creado por Rowe en 1988 para clasificar a todos os tetrápodos considerados até esa data como mamíferos (fósiles coa cadena ósea do oído medio) e reservar a clase Mammalia para as especies actuais e aquelas emparentadas filoxeneticamente.

Unha definición simple dos mamíferos pode axustarse ao grupo composto por: "O último antepasado común de Ornithorhynchus anatinus e Homo sapiens e todos os seus descendentes vivos e extintos".

Taxonomía

editar

A pesar de ser un clado de creación recente, a clasificación taxonómica pode variar segundo as fontes.[1]

  • Clase Synapsida
    • Suborde Cynodontia
      • Prozostrodon
      • MAMMALIAFORMES
        • Rama Allotheria (ou Multituberculata)
        • Familia Megazostrodonidae
        • Adelobasileus
        • Orde Sinoconodonta
        • Orde Haramiyida
        • Orde Morganucodonta
        • Orde Docodonta
        • Hadrocodium
        • Orde Symmetrodonta
        • Clase Mammalia
  1. "Mammaliformes: Visión xeral". Palaeos.com, arquivado en archive.org. Archived from the original on 29-04-2007. Consultado o 13-1-2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar