[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Louis Malle

Director de cine francés

Louis Malle, nado en Thumeries (Departamento de Norte, Francia) o 30 de outubro de 1932 e finado en Beverly Hills (California) o 23 de novembro de 1995 foi un director de cine francés.

Modelo:BiografíaLouis Malle

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Thumeries, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Gérard DepardieuClint Eastwood → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstitut des Hautes Études Cinématographiques (pt) Traducir
Instituto de Estudos Políticos de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDocumental e cinema dramático Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, director de fotografía, actor, realizador, cámara, produtor de cinema, director de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata -
Interesado enJazz, literatura e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
MovementoNouvelle Vague Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCandice Bergen (1980–1995)
Anne-Marie Deschodt (1965–1967) Editar o valor en Wikidata
ParentesXavier Malle, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001501 Allocine: 396 Allmovie: p100911 TCM: 120440
BNE: XX1115256 Musicbrainz: 060d7e31-c32d-4b42-a44d-b95d07ae3a8c WikiTree: Malle-7 Find a Grave: 4114 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Antes de pasarse ao cine comezou os estudos de ciencias políticas. Traballou como codirector e operador de cámara de Jacques Cousteau en Le Monde du silence, que gañou a Palma de Ouro en Cannes e o Oscar ó mellor documental en 1957, ademais de traballar con outros directores coma Robert Bresson.

Debutou co suspense Ascenseur pour l'échafaud en 1957. Aínda que en ocasións é asociado coa nouvelle vague, realmente o seu traballo non corresponde coas teorías dos directores desta tendencia.

A finais dos setenta trasladouse aos Estados Unidos, onde continuou a súa carreira dirixindo filmes en inglés como Atlantic City que alternou con outros en francés como Au revoir, les enfants. Con estas dúas películas gañaría o León de Ouro en Venecia. En 1980 casou coa actriz estadounidense Candice Bergen.

Moitas das súas películas foron obxecto de polémicas polos temas que trataba, como Le souffle au cœur (1971), no que trataba o tema do incesto, Lacombe Lucien (1974), sobre o colaboracionismo nazi ou Pretty Baby (1978), no que Brooke Shields interpretaba unha prostituta de doce anos.

Vida persoal

editar

Casou en 1965 con Anne-Marie Deschodt, até 1967. Da súa relación con Gila von Weitershausen tivo un fillo en 1971 (Manuel Cuotemoc Malle) e da relación con Alexandra Stewart tivo, en 1974, unha filla (Justine Malle).[1] Dende 1980 até a súa morte, estivo casado coa actriz estadounidense Candice Bergen, con quen tivo outra filla Chloé François Malle, en 1985. Morreu por mor dun linfoma o 23 de novembro de 1995 nos Ánxeles, aos 63 anos.[2]

Primeiro período francés

editar
  • 1953 : Crazeologie (curtametraxe)
  • 1955 : La Fontaine de Vaucluse (curtametraxe)
  • 1955 : Station 307 (curtametraxe)
  • 1955 : Le Monde du silence (documental) coréalisé avec Jacques-Yves Cousteau, Palme d'or au festival de Cannes
  • 1957 : Ascenseur pour l'échafaud
  • 1958 : Les Amants
  • 1960 : Zazie dans le métro
  • 1962 : Vie privée
  • 1962 : Vive le Tour ! (curtametraxe documental) coréalisé avec Jacques Ertaud
  • 1963 : Le Feu follet
  • 1964 : Bons baisers de Bangkok (curtametraxe documental)
  • 1965 : Viva Maria !
  • 1967 : Le Voleur
  • 1968 : Histoires extraordinaires - segment William Wilson (medio metraxe)
  • 1969 : Calcutta (documental)
  • 1969 : L'Inde fantôme (serie documental para televisión)
  • 1971 : Le Souffle au cœur
  • 1973 : Humain, trop humain (documental)
  • 1974 : Place de la République (documental)
  • 1974 : Lacombe Lucien
  • 1975 : Black Moon
  • 1976 : Close Up (court métrage documentaire)
  • 1977 : Dominique Sanda ou Le rêve éveillé (court métrage documentaire)

Período estadounidense

editar
  • 1978 : La Petite
  • 1980 : Atlantic City
  • 1981 : My Dinner with Andre
  • 1983 : Crackers
  • 1985 : Alamo Bay, a badía do odio
  • 1985 : God's Country (documental)
  • 1986 : ...À la Poursuite du Bonheur (documental)

Segundo período francés

editar
  1. "Louis Malle". newwavefilm.com. Consultado o 03-07-2018. 
  2. Severo, Richard. "Louis Malle, Film Director Equally at Home in France and America, Is Dead at 63". nytimes.com. Consultado o 03-07-201. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar