[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Creighton Tull Chaney, nado en Oklahoma City o 10 de febreiro de 1906 e finado en San Clemente, California, o 12 de xullo de 1973, coñecido como Lon Chaney Jr., foi un actor estadounidense coñecido por interpretar a Larry Talbot no filme The Wolf Man (1941) e en varios crossovers, a Count Alucard (Drácula deletreado ao revés) en Son of Dracula, o monstro de Frankenstein en The Ghost of Frankenstein (1942), a momia en tres filmes e outras personaxes en numerosos filmes de terror de Universal.[1] Interpretou tamén a Lennie Small en Of Mice and Men (1939) e pequenos papeis secundarios noutros filmes de éxito. Orixinalmente foi acreditado como Creighton Chaney, dende 1935 como "Lon Chaney, Jr." e dende Man Made Monster (1941), foi case sempre acreditado co nome do seu pai, Lon Chaney, pola insistencia do estudio. A carreira de Chaney no cinema e na televisión durou entre 1931 e 1971.

Modelo:BiografíaLon Chaney Jr.

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Oklahoma City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 1973 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
San Clemente, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme e televisión Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de xénero, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWestern, Cinema de terror, science fiction horror film (en) Traducir, cinema de ciencia ficción, cinema dramático, filme gótico (pt) Traducir e gothic horror film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRonald Creighton Chaney Editar o valor en Wikidata
PaisLon Chaney Editar o valor en Wikidata  e Frances Cleveland Creighton Editar o valor en Wikidata

Sitio weblonchaney.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001033 Allocine: 19566 Allmovie: an27368 TCM: 32067 TV.com: people/lon-chaney-jr
BNE: XX4767238 WikiTree: Chaney-602 Find a Grave: 10686 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Chaney naceu en Oklahoma City e traballou duro para evitar estar á sombra da fama do seu pai, o actor Lon Chaney. A súa primeira aparición nun filme foi sen acreditar en Girl Crazy en 1932, e o seu primeiro traballo inmportante, aínda sen ser o protagonista, realizouno en Ave do paraíso, con Dolores del Río.[2]

En 1941, Chaney interpretou a personaxe epónima na versión de The Wolf Man para Universal Pictures, unha caracterización que o marcou o resto da súa vida. Durante os anos seguintes realizou papeis en filmes de terror, ademais de series de misterios parapsicolóxicos e papeis en filmes do oeste.

Tras deixar o estudio, traballou de xeito esporádico, en parte polo seu encadramento no cinema de terror, en parte polo seu alcoholismo, e en parte polo cancro de gorxa que o afectou durante os últimos anos da súa vida, a mesma doenza que acabou coa vida do seu pai.

Vida persoal

editar

Chaney casou dúas veces. A súa primeira esposa Dorothy divorciouse de en 1936 porque bebía demasiado e era fusco.[3] Casou con Patsy Beck en 1937. Tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Lon Ralph Chaney e Ronald Creighton Chaney.

Chaney era apreciado por algúns dos seus colegas (o adxectivo que máis usaban para referirse a el aqueles que o apreciaban era "doce"), aínda que era tamén capaz de intensos odios. Por exemplo, el o seu compañeiro habitual Evelyn Ankers non se levaban ben a pesar da súa química en pantalla. Tamén era coñecido por facerse amigo de actores novos e defender os vellos que sentía que eran menospreciados polos estudios. Un exemplo foi William Farnum, grande estrela do cinema mudo que interpretou un pequeno papel en The Mummy's Curse. Segundo o coprotagonista Peter Coe, Chaney pediu que Farnum tivese a súa propia cadeira no plató e fose tratado con respecto, ou el marcharía do filme.

Chaney tivo discusións co actor Frank Reicher (a quen case estrangula fronte a cámara en The Mummy's Ghost) e co director Robert Siodmak (Chaney rompeu un floreiro sobre a súa cabeza).[4] O actor Robert Stack afirmou na súa autobiografía de 1980 que Chaney e o seu compañeiro de borracheiras Broderick Crawford eran coñecidos como "os monstros" en Universal Pictures polo seu comportamento cando estaban bébedos que con frecuencia acababa en sangue.[5]

  1. "Lon Chaney Jr., Actor, Is Dead at 67; Portrayed Monsters". New York Times. 14 de xullo de 1973. Consultado o 25 de febreiro de 2014. Lon Chaney Jr., the film actor, died yesterday at the age of 67. A long series of illnesses had put Mr. Chaney in and out of hospitals for the last year. He was released from a San Clemente ... 
  2. ̼"Bird of Paradise (1932): Trivia" (en inglés). IMDb. 
  3. "Lon Chaney Jr. Is Sued for Divorce; Wed 10 Years". Chicago Daily Tribune. 26 de xuño de 1936. p. 23. 
  4. Smith, Don G., Lon Chaney Jr.: Horror Film Star, McFarland & Co., 1996
  5. Stack, Robert, Straight Shooting, Macmillan Publishing Co., Inc., 1980, p. 64

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar