Leonor Urraca de Castela
Leonor Urraca Sánchez de Castela, III condesa de Alburquerque, chamada la Rica Hembra,[1] e tamén coñecida como Leonor de Alburquerque, nada en Castela en 1374 e finada en Medina del Campo en 1435), foi raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Fernando I de Aragón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1374 Aldeadávila de la Ribera, España |
Morte | 16 de decembro de 1435 (60/61 anos) Medina del Campo, España |
Lugar de sepultura | Medina del Campo |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1412–1416) Consorte de Sicilia (1412–1416) |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Fernando I de Aragón (1393 (Gregoriano)–) |
Fillos | Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón, Sancho of Aragon, Henrique de Trastámara de Aragón, Leonor de Aragón, María de Aragón, Pedro de Aragón, conde de Alburquerque |
Pais | Sancho Afonso de Castela, Conde de Alburquerque e Beatriz de Portugal, Condessa de Alburquerque |
Irmáns | Leonor Sánchez de Castilla |
Cronoloxía | |
10 de febreiro de 1414 (Gregoriano) | coroación (Zaragoza) |
Traxectoria
editarFilla do infante Sancho de Castela e da infanta Beatriz de Portugal, filla de Pedro I de Portugal e Inés de Castro, era herdeira de ricas terras e propiedades en Castela, A Rioxa e Estremadura.
Ao morir o enfermizo Xoán I o 9 de outubro de 1390, o Consello de Rexencia de Castela abordou a asunto do presunto herdeiro do rei, entre Henrique III de Castela o Doente, nado en outubro de 1379, de once anos, e o seu irmán o infante Fernando, que tiña entón dez anos. Acordouse que o irmán máis novo, o infante Fernando, non puidera contraer matrimonio antes do que o seu irmán, o reì Henrique, alcanzara os catorce anos de idade. Daquela, se lle concederían as prerrogativas políticas e sociais da maioría de idade.
Para superar as diverxencias derivadas do asasinato do rei Pedro I en marzo de 1369 polo seu irmán Henrique, os representantes do clero, a nobreza, o estado dos fidalgos e dos comerciantes, así como os representantes de varias cidades castelás acordaron que Henrique casara coa neta do asasinado Pedro, nacida en Inglaterra de nai castelá e filla do rei Pedro. E en canto o irmán máis vello, Henrique III, cumprira tales requisitos, casaría o seu irmán máis novo, o infante Fernando, cunha esposa boa, honorábel e rica.
Foi entón elixida Leonor, que xa tiña idade para iso por contar con dezaseis anos. Mostrou a súa conformidade ao matrimonio en canto puidera realizarse, xa que o infante Fernando tiña dez anos aínda. Daquela era dona, de pleno dereito, de Haro, Briones, Cerezo de Río Tirón, Vilforado, Ledesma coas cinco vilas, Albuquerque, Codesera, Azagala, Alconchel, Medellín, Alconétar, Villalón por agasallo do seu primo o rei Xoán I de Castela, de Urueña por troco pedido por Xoán I a cambio de cederlle Cea e a súa terra a Ramiro Núñez de Guzmán, de San Felices de los Gallegos, que o rei dera a un dos seus mercenarios nobres, Giral de Torralt, de Villa García, que entregara a Gutier González Quijada, Fuentpudia, dada antes a Xoán Afonso de Baeza, e Montealegre, que dera a Henrique Manuel.
Reinado
editarLeonor e o seu esposo (que tomou o nome de Fernando I) foron coroados reis de Aragón en 1412 tras o Compromiso de Caspe. Fernando I de Aragón morreu pouco despois, no ano 1416, aos 36 anos de idade. Leonor, que tiña daquela 42 anos, retirouse a Medina del Campo. En 1421 promulgou o seu «Ordeamento de Ferias» que asinou como «la triste Reyna» por estar naquela época os seus fillos, os infantes de Aragón, prisioneiros dos xenoveses, despois da batalla de Ponza.
O Palacio Real de Medina del Campo, onde naceron o seu esposo Fernando e os seus fillos, foi transformado no Convento de Santa María a Rea . Alí, Leonor Urraca foi testemuña dos enfrontamentos dos seus fillos contra o partido realista encabezado por Álvaro de Luna. Leonor perdeu algunhas das súas posesións en beneficio deste último.
Leonor Urraca faleceu en Medina del Campo o ano 1435. Foi sepultada no Convento de Santa María a Real.
Matrimonio e descendencia
editarEn 1394 Leonor, duns vinte anos de idade, casou co seu primo-sobriño Fernando, que daquela tería uns catorce anos. Tiveron sete fillos.
Os fillos nacidos desta unión, os denominados Infantes de Aragón,[1] foron:
- Afonso o Magnánimo (Medina del Campo, 1394–1458), rei de Aragón, co nome de Afonso V, e de Nápoles e Sicilia, co nome de Afonso I.
- María de Aragón (Medina del Campo, 1396–1445), primeira esposa de Xoán II de Castela.
- Xoán o Grande (Medina del Campo, 1397–1479), rei de Aragón e rei consorte de Navarra.
- Henrique (1400 – Calatayud, de feridas de batalla, 1445), duque de Alburquerque, conde de Villena, conde de Ampurias, Gran Mestre da Orde de Santiago.
- Leonor (1402–1445), que casou con Duarte I de Portugal. Unha das súas fillas, Leonor, foi esposa do emperador Frederico III de Habsburgo.
- Pedro (1406–1438, Italia, en batalla), IV conde de Alburquerque, duque de Noto.
- Sancho (1410–1416).
Predecesor: Margarida de Prades |
Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia Condesa consorte de Barcelona 1412 – 1416 |
Sucesor: María de Castela |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Álvarez Palenzuela, V. Á., coord. (2008): Historia de España de la Edad Media.Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-6668-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leonor Urraca de Castela |