[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

A labialización é un cambio fonético asimilatorio ou disimilatorio polo cal un fonema ou son despraza o seu punto de articulación ata a rexión labial.

Exemplos

editar
  • No galego popular a labialización dáse en casos como *lovar (levar), *somana (semana), *formento (fermento), *romedio (remedio).
  • No español popular a velarización é unha tendencia disimilatoria que afecta ás consoantes velares ante vogal labial: aguja > abuja, aguzado > abuzado (México).
  • Nas linguas uto-aztecas a consoante labio-velar kw do proto-utoazteca (PÚA) labializa frecuentemente:
Glosa proto-UA Mayo Papago Náhuatl
'comer' *kwa'-(e)a bwa'ye kou'a kwa
'aguia' *kwa-hu- ba´ag kwa-w-
'nome' *tekwa tewa to-ka

Como se pode ver, o mayo labializa sempre, o papago só en certos contextos e o náhuatl non labializa nunca.