La Voz de la Verdad
La Voz de la Verdad foi un xornal editado en Lugo entre 1910 e 1937.
La Voz de la Verdad | |
---|---|
Tipo | Diario |
Cor | Branco e negro |
Fundación | 3 de outubro de 1910 |
Remata | 15 de xaneiro de 1937 |
Propietario | Editorial Católica Lucense (dende 1921), Luís Sánchez Arrieta (dende 1930) |
Fundador | Junta Local de Acción Social Católica |
Lingua | español. |
Localidade | Lugo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 3 de outubro de 1910[1] co subtítulo de Diario católico con censura eclesiástica, que cambiou por Diario católico antiliberal, e logo polo de Diario católico y antiliberal e a partir de 1920 cualifícase exclusivamente como Diario Católico.[1] De tendencia católica, xorde por iniciativa das Damas de la Buena Prensa e co apoio de Acción Social Católica, organismo do que se fai portavoz.
En 1921 foi adquirido pola Editorial Católica Lucense e publicouse baixo censura eclesiástica, como toda a prensa confesional. En 1930 mercárono particulares aída que posteriormente quedou como único propietario e director Luis Sánchez Arrieta.[2]. A maioría das novas que aparecen no xornal proceden da Agencia Católica de Prensa Asociada. Segue unha tradición antiliberal e tradicionalista e na II República, acabou converténdose no voceiro da CEDA.[3]
Foron os seus directores: Eugenio Zabala, Antonio Cedrón Grandas, Julio Pérez de Guerra, Ramón Robles Neira, Antonio Goyanes Pérez, Alfredo Lorenzo López, Jesús Cora Lira, Francisco Vázquez Saco, Luís Sánchez Arrieta, Fernando Pérez Barreiro e o derradeiro Xosé Trapero Pardo. Entre os seus redactores contouse Ramón Salgado Toimil, e entre os colaboradores, Francisco Varela Ouro.
Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1937 polas dificultades económicas derivadas da guerra civil, ao non poder conseguir papel para continuar coa publicación.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Voz de la Verdad, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Voz de la Verdad, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira, Mari Paz; de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.