Juan Farias
Juan Farias Díaz-Noriega nado en Serantes o 31 de marzo de 1935 e finado en Villaviciosa de Odón o 10 de xuño de 2011[1], foi un escritor galego en lingua castelá cuxa obra pode dividirse en dúas grandes etapas, segundo sexan o seu destinatario principal os lectores adultos (1959-1975) ou os nenos e novos (1977 en diante). Neste segundo xénero é onde obtivo un maior recoñecemento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Farias Díaz Noriega 31 de marzo de 1935 Serantes, España |
Morte | 11 de xuño de 2011 (76 anos) Villaviciosa de Odón (España) |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e literatura infantil e xuvenil |
Ocupación | escritor, novelista |
Premios | |
Obra
editarA obra de Farias é singular no panorama da literatura española, polo seu compromiso político, a súa vontade de estilo e o seu léxico preciso, a minuciosa descrición do mundo rural (con frecuencia, da posguerra) e a súa renuencia a axustarse aos esquemas narrativos e trucos literarios máis típicos do xénero. A crítica tendeu a organizar esas características baixo o paraugas da "economía de medios", coa excepción de que debe entenderse unha economía sen concesións: non hai barroquismo nin alardes retóricos, pero non se renuncia á exactitude nin aos dialectalismos, cando é preciso. Entre os seus numerosos premios, cabe destacar que en 2005 foi galardoado co primeiro Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil, que outorga a Editorial SM.
Obra selecta para adultos
editar- Os nenos numerados (Los niños numerados), 1965.[2]
- Los buscadores de agua, 1966
- A Gritos, Gilbert, Furiosamente, 1972
- Gran Cabotaje, 1968
Obra selecta para nenos
editar- Algunos niños, tres perros y más cosas, 1980. Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España, e unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
- Crónicas de Media Tarde: Años difíciles, O barco dos peregrinos e O gardián do silencio, 1983-1985.
- El niño que vino con el viento, 1986.
- Por tierras de pan llevar, 1988.
- Cuarenta niños y un perro, 1992.
- La infancia de Martín Piñeiro, 1994.
- A la sombra del maestro, 1995. ISBN 84-8224-054-9
- Los caminos de la luna, 1997.
- El paso de los días, 2000.
Notas
editar- ↑ Muere Juan Farias, el gran transgresor de la literatura infantil española, en Publico.es (en castelán)
- ↑ Os nenos numerados, Colección Fóra de Xogo, Xerais, trad. Xavier Senín, decembro 1997, 211 pp. ISBN 84-8302-194-3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Juan Farias, o marabilloso mundo do cotián", CLIJ, nº 140, xullo-agosto de 2001, pp. 7–23.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.