John Schlesinger
John Richard Schlesinger, nado en Londres o 16 de febreiro de 1926 e finado en Palm Springs, California o 25 de xullo de 2003, foi un director de cinema inglés.
Traxectoria
editarNado nunha familia xudía de clase media comezou traballando como actor nos anos cincuenta, tanto en películas coma na televisión.
Comezou a dirixir nos sesenta, con documentais como Terminus, premiado en Venecia. O seu primeiro filme de ficción, A Kind of Loving gañou o Oso de Ouro de Berlín.
Cowboy de medianoite foi un éxito internacional, co que gañaría o Oscar ó mellor director.
Tras sufrir varios problemas cardíacos, finou en 2003.
Obra
editar- 1962 - A Kind of Loving
- 1963 - Billy Liar
- 1965 - Darling
- 1967 - Lonxe do mundanal ruído
- 1969 - Cowboy de medianoite
- 1971 - Domingo, maldito domingo
- 1975 - Como praga de langosta
- 1976 - Marathon Man
- 1979 - Yanks
- 1981 - Honky Tonk Freeway
- 1982 - Privileged
- 1985 - The Falcon and the Snowman
- 1987 - Os crentes
- 1988 - Madame Sousatzka
- 1990 - Pacific Heights
- 1993 - The Innocent
- 1996 - Eye for an Eye
- 2000 - The Next Best Thing
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- John Schlesinger na IMDb (en inglés).