Jochen Rindt
Karl Jochen Rindt, nado en Maguncia o 18 de abril de 1942 e finado en Monza (Italia) o 5 de setembro de 1970, foi un piloto de carreiras alemán, se ben representou a Austria durante a súa carreira. É o único piloto en gañar postumamente o Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula Un (en 1970), logo de morrer durante os adestramentos do Gran Premio de Italia. Lonxe da Fórmula Un, Rindt tivo un grande éxito noutras fórmulas de monoplazas. En 1965 gañou a carreira das 24 Horas de Le Mans, pilotando un Ferrari 250LM en colaboración con Masten Gregory dos Estados Unidos de América. Era amigo persoal de Jackie Stewart, e foi veciño do escocés en Suíza.
(1970) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1942 Maguncia, Alemaña |
Morte | 5 de setembro de 1970 (28 anos) Circuíto de Monza, Italia |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Zentralfriedhof Graz (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Nacionalidade deportiva | Austria |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Cónxuxe | Nina Rindt |
Pais | Karl Rindt e Ilse Rindt |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarDespois de que os seus pais morresen durante un bombardeo aéreo na segunda guerra mundial mudouse cos seus avós a Graz (Austria), onde creceu e empezou a correr en competicións automobilísticas. Aínda que sempre correu cunha licenza austríaca, xamais adquiriu a nacionalidade austríaca, conservando a alemá.
A pesar de ter un grande éxito en Fórmula 2 (gañando, por exemplo, o Trofeo de Londres de 1964), Rindt fallou na elección dos coches de F1. Rindt fixo o seu debut na Fórmula Un co Rob Walker Racing Team no Gran Premio de Austria de 1964. Ía ser o seu único Gran Premio do ano. De 1965 a 1967, Rindt correu para a Cooper Car Company, anotando 32 puntos en 29 carreiras. En 1968, Rindt correu para Brabham, pero a súa tempada non foi o que esperara debido a problemas técnicos. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianápolis, tanto en 1967 e 1968, pero non pasou do posto 24.
Rindt destacou por ser un piloto excepcionalmente rápido, cun control do coche excelente e moitos reflexos, pero raramente tiña un coche igual a seu talento, ata que en 1969 Rindt cambiouse a Lotus e a súa carreira colleu o pulo definitivo. Rindt obtivo a primeira vitoria da súa carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen. Rindt terminou ese ano con 22 puntos, e o cuarto posto no Mundial de Fórmula 1. Rindt mantivo unha tensa relación con Colin Chapman, Rindt prefería unha base tecnolóxica estable fronte á necesidade de Chapman de innovar e inventar, pero os dous forxaron unha alianza exitosa. A primeira vitoria de Rindt na tempada de 1970 foi en Mónaco, onde superou a Jack Brabham na última curva. Co Lotus 72, Rindt gañou ese ano catro Grandes Premios nos Países Baixos, Francia, Gran Bretaña e Alemaña.
Durante os adestramentos do Gran Premio de Italia de 1970 no Autodromo Nazionale de Monza, preto de Milán, Chapman e Rindt acordaron en seguir o exemplo de Jackie Stewart (Tyrrell) e Denny Hulme (McLaren) e correr sen ás nun intento de reducir a resistencia e obter unha maior velocidade máxima. O poderoso Ferrari Flat-12 de Jacky Ickx e Clay Regazzoni fora ata 16 km/h máis rápido que o Lotus na carreira anterior en Austria. O compañeiro de equipo de Rindt John Miles non estaba contento coa configuración das ás nos adestramentos do venres, informando que o auto "non seguía unha traxectoria recta". Rindt informou que non había tales problemas, Chapman Lembra que Rindt informou que o coche era "case 800 rpm máis rápido na recta", sen ás.
Ao día seguinte, Rindt correu con relacións de transmisión máis altas no seu coche, para aproveitar a ventaxe da fricción reducida, aumentando a velocidade máxima ata os 330 km/h. Na quinta volta da última sesión de adestramentos, Hulme, que estaba detrás de Rindt, informou que na freada da curva Parabólica: "o coche de Jochen abriuse lixeiramente e logo desviouse bruscamente á esquerda contra a barreira de seguridade". Chocou contra o muro, rompéndose as pernas e cravándose algunhas pezas do monopraza no peito e abdome cando trompeaba. Aínda que Rindt de 28 anos foi trasladado de urxencia ao hospital, foi declarado morto. Foi o segundo líder do equipo Lotus que morría en dous anos, Jim Clark morrera en 1968 nunha carreira de Fórmula 2 en Hockenheim. Un tribunal italiano ditaminou despois que o accidente iniciouse por unha falla no eixo do freo dianteiro dereito, pero que a morte de Rindt foi causada polas barreiras de protección mal instaladas.
Rindt está enterrado no cemiterio central (Zentralfriedhof) en Graz.
No momento da súa morte Rindt gañara cinco dos dez Grandes Premios dese ano, o que significaba que tiña unha gran vantaxe no Campionato do Mundo. Nese momento, en teoría podería ser superado por Jacky Ickx da Ferrari. Con todo o seu compañeiro do equipo Lotus, Emerson Fittipaldi, gañou o penúltimo Gran Premio do ano en Watkins Glen, EUA, privando a Ickx dos puntos que necesitaba para gañar o título, e así Rindt converteuse no primeiro Campión do Mundo póstumo do automobilismo. O trofeo foi presentado á súa viúva finlandesa Nina Rindt nee Lincoln, filla do famoso corredor finlandés, Curt Lincoln. Nun tráxico xiro irónico, sóubose que Jochen prometera a Nina retirarse da F1 se gañaba o campionato do mundo.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | Jochen Rindt | Cooper T67 | Ford V8 | LOM | GLV | PAU | IMO | SYR | AIN | INT | ROM | SOL | KAN | MED | AUT Ret |
OUL | RAN | |
1965 | Cooper Car Company | Cooper T77 | Climax V8 | ROC 7 |
SYR | SMT DSC |
INT Ret |
|||||||||||
Roy Winkelmann Racing | Brabham BT16 | BRM V8 | MED Ret |
RAN | ||||||||||||||
1966 | Cooper Car Company | Cooper T81 | Maserati V12 | RSA | SYR | INT 5 |
OUL | |||||||||||
1967 | Cooper Car Company | Cooper T81 | Maserati V12 | ROC Ret |
SPR | INT | SYR | OUL 6 |
ESP | |||||||||
1968 | Brabham Racing Organisation | Brabham BT26 | Repco V8 | ROC | INT | OUL Ret |
||||||||||||
1969 | Team Lotus | Lotus 49B | Ford V8 | ROC Ret |
INT 2 |
MAD | ||||||||||||
Lotus 63 | OUL 2 |
|||||||||||||||||
1970 | Team Lotus | Lotus 49C | Ford V8 | ROC 2 |
||||||||||||||
Lotus 72 | INT Ret |
OUL 2 |
||||||||||||||||
Fonte:[2]
|
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | North American Racing Team | David Piper | Ferrari 250LM | P 5.0 | 0 | Ret | Ret |
1965 | North American Racing Team | Masten Gregory | Ferrari 250LM | P 5.0 | 348 | 1º | 1º |
1966 | F.R. English Ltd. \ Comstock Racing | Innes Ireland | Ford GT40 Mk I | S 5.0 | 8 | Ret | Ret |
1967 | Porsche System Engineering | Gerhard Mitter | Porsche 907 | P 2.0 | 103 | Ret | Ret |
Fonte:[3]
|
Resultados completos nas 500 Millas de Indianápolis
editarAno | Chasis | Motor | Saída | Final |
---|---|---|---|---|
1967 | Eagle | Ford | 32º | 24º |
1968 | Brabham | Repco | 16º | 32º |
Fonte:[4]
|
Predecesor: Jackie Stewart |
Campión da Fórmula 1 1970 |
Sucesor: Jackie Stewart |
Notas
editar- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 319. ISBN 0-85112-702-9.
- ↑ "Racing". jochenrindt.com. Natasha Rindt. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 January 2016.
- ↑ "All Results of Jochen Rindt". racingsportscars.com. Consultado o 26 January 2016.
- ↑ Henry 1990, pp. 107–108.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Salon da Fama dos Grandes Premios Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Jochen Rindt (en inglés).
- Jochen Rindt statistics