Historia do islam
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coñécese como Imperio islámico o territorio conquistado polos musulmáns desde os seus territorios orixinarios de Arabia ata o 945 en que os selxúcidas se fixeron co califato.
O nacemento do islam
editarA Meca era un importante núcleo mercantil, situado no paso das rotas caravaneiras e marítimas, e que contaba cun importante santuario relixioso. Entre todas as tribos árabes, os quraisís destacaban por seren os gardiáns do recinto e donos da fonte. Eran a aristocracia, e baseaban o seu poder económico nos beneficios que obtiñan das peregrinacións á Ka'aba ou Pedra Negra.
Na Meca comezou a predicar Mahoma unha nova doutrina relixiosa, o Islamismo (submisión a Alá), iniciando a súa tarefa divulgadora a partir do ano 613. Era esta unha relixión abrahámica e monoteísta, pero que non abafaba con esixencias éticas aos crentes: profesión de fe, oración, xaxún, esmola e peregrinación á Meca. Ata a xihad ou guerra santa era un deber xénérico de contribuír á expansión da fe. Ademais, tiñan o precepto da axuda mutua entre os crentes, coa prohibición de todo afán de lucro, razón pola que as súas ideas lles molestaron aos mercadores ricos da Meca, ata producir a fuxida do Profeta e dos seus seguidores a Yatrib, no 622, tralo chamado pacto de A'qaba. En Medinat al-Nabí (Medina) fórmase a primeira comunidade islámica. Foi alí onde se estableceu a teocracia musulmá da que Mahoma, como profeta de Alá, era a suprema autoridade.
Esta primeira comunidade islámica rompía cos marcos tribais, aínda que o Profeta se rodease dun consello de notábeis, inspirado na práctica política das tribos, do que sairían os seus sucesores. Tamén recoñece raíces tribais a actuación da nova comunidade cara ao exterior: razzias, guerras, contrarréplicas ás que fai fronte, obtención de botín e eliminación dos elementos inasimilábeis. Coa conversión do seu tío al-Abbas, e todos os quraisís, no 630, puido regresar á Meca.
En pouco tempo, practicamente todo o Hiyaz ou deserto arábigo aceptou a nova fe, e con ela formas inusitadas de paz interior. O prestixio do Profeta creceu e, cando morreu, no 632, os musulmáns dominaban a maior parte de Arabia.
A primeira época de conquistas
editarCausas das conquistas
editarO Estado Islámico, no inicio da súa expansión fóra de Arabia, acabou co monopolio exercido ata entón por Bizancio. Os motivos que propiciaron a grande expansión islámica foron os seguintes:
- Factores relixioso-económicos:No plano relixioso, puidéronse superar as división tribais existentes e conseguir a unión de todos os musulmáns. No plano económico, a expansión en busca de terras que permitisen a subsistencia e a superación das insuficiencias e a pobreza acumulada no terreo arábigo.
- A existencia de grandes xefes militares, capaces de impoñer a súa autoridade.
- A ocasión era propicia, pois bizantinos e persas pasaban por dificultades políticas, e non foron capaces de apreciar a forza do nacente Islamismo.
As primeiras conquistas
editarA expansión ocorreu baixo os catro primeiros califas, Abu Bakr (632-634), Umar ibn al-Khattab (634-644), Utmán (644-656) e Alí (656-660). En Siria e Palestina todo comezou como prolongacións de raídes locais, co apoio de gassanís. A benignidade das capitulacións e o respecto aos dimnís ou protexidos cristiáns e xudeus contribúe a explicar a facilidade da submisión. A conquista de Mesopotamia foi máis dura, fronte a un Imperio Sasánida en descomposición. En Mesopotamia e Persia, os árabes non se instalaron en cidades, senón que conservaron os seus acampamentos ou amsar. A terceira área de expansión foi Exipto, onde os árabes conseguiron unha conquista rapidísima. Utmán relanzou a expansión cara ao Jurasán iranio, cara ao norte de África, e ata por mar, pois hai unha primeira expedición a Chipre (649), utlizando medios navais sirios, pero axiña se acadaron os primeiros límites ou fronteiras: Asia Central, o Cáucaso, o Taurus e o deserto da Cirenaica. A estas vitorias contribuíu a actitude dos invadidos e a situación interna dos antigos imperios, pois había un esgotamento común de bizantinos e persas. A capitulación negociada semellaba preferíbel á resistencia ata a morte. Influíu, tamén, a superioridade militar dos invasores, que utilizaba a mobilidade fronte a procedementos estáticos de defensa. Non había un afán de proselitismo intenso, e os conversos acudían á comunidade islámica na situación inferior de clientes (mawali) dalgunha tribo árabe. As poboacións sometidas, mentres non se islamizasen, continuaban co seu anterior réxime administrativo e tributario, e os seus notábeis colaboraban cos árabes para mantelo.
A evolución política do islam
editarOs partidarios de Alí, formaran a Siha, ou facción dos sihítas. Alí houbo de soportar a presión dos omeias, morrendo asasinado no 660.
Os Omeias
editarEran terratenentes.Foron eles os grandes conquistadores e forxadores do Imperio Islámico. O primeiro gobernador foi Muawiya, quen reafirmou a autoridade do califa, a pesar da oposición dos sihítas e abbasís. O réxime omeia baseouse case exclusivamente no predominio árabe. A supremacía árabe era patente, conservando, ademais, as identidades tribais. A continuidade das conquistas foi un medio de aliviar a presión da oposición. Baixo os omeias produciuse unha segunda expansión, que lle facilitaba ingresos ao Califato, e constituían unha saída para as aspiracións de poder de determinados grupos. Os períodos de calma interior coinciden co desenvolvemento de empresas exteriores. O fracaso do asedio a Constantinopla (717), a detención da conquista en Hispania e o sur de Francia (722-732) e a fin do avance na Asia Central marcaron o final da grande expansión do islam Clásico. Os distintos elementos da oposición confluíron en torno ao movemento abbasí, desembocando nunha revolta que estalou no 746, alcanzou Kufa no 749 e conseguiu a derrota e fin da dinastía omeia, no 750.
Os Abbasís
editarCase exterminaron os membros da fmilia omeia, escapando só Abd-al-Rah-man, que fuxiu a Al-Andalus. O cambio de dinastía produciu o paso do imperio dos conquistadores árabes ao imperio islámico propiamente dito. Os abbasís puxeron o acento no carácter lexítimo da súa dinastía, na sacralización do poder califal. A súa continua intervención en cuestións relixiosas tiña por obxecto darlle unha base máis ampla e estábel ao poder. Continuaron o proceso de institucionalización gobernativa e administrativa, pero contando con novos elementos, e desprazando o centro do seu dominio de Siria a Iraq. No ámbito militar, consumaron o paso do antigo exército árabe tribal e de voluntarios da fe ao de mercenarios. Foi unha época de grande esplendor urbano, mercantil e intelectual,e a civilización islámica (entre os séculos VIII e XI) foi considerada nos tempos seguintes como modelo clásico. O seu maior logro foia plena definición cultural do mundo islámico, ao integrar elementos árabes, iranios e greco-sirios: fe islámica, valores sociais árabes, ética irania e lóxica e ciencia helenísticas. Ata mediados do século IX, os califas asumiron perfectamente o seu dobre papel de imán, guía relixioso, e caudillo militar. Al-Muttawakil foi o último califa que asumiu o seu dobre papel. A descomposición política e territorial consumáronse, a pesar da aparición de forzas de maior perdurabilidade, coma os turcos, que crearon un novo imperio islámico despois da caída de Bizancio, duradeiro ata a primeira guerra mundial.
Administración e crenzas islámicas
editarA administración
editarO califa era a autoridade suprema do mundo islámico. Del emanaban as leis, controlaba o exército e os cargos da administración e era xuíz supremo, ademais de Imán (xefe relixioso). Os xuíces denominábanse Cadís. O Diwán era o núcleo da administración financeira. Todos os musulmáns pagaban o décimo en relación ás propiedades agrarias. O exército seguiu sendo unha organización tribal ata a chegada dos abbasís.
A relixión islámica
editarO Islamismo creou unha unidade cultural superadora de etnias, costumes e crenzas diversas. As conquistas islámicas perseguían a submisión ao islam, pero non a conversión.
A verdadeira expansión relixiosa pode dicirse que comezou cos abbasís.
O islam non era só patrimonio da etnia árabe, senón que tamén se integraban nesta doutrina os bérberes, iranios, iraquís,...
A relixión islámica bebe das mesmas fontes que a xudaica e cristiá, pois pensan que Abraham foi o primeiro enviado de Deus ou profeta, e Mahoma o último dos grandes profetas, entre os que tamén se cita a Cristo e Moisés. Os musulmáns cren na reeencarnación, o xuízo final, os anxos, e ata nos textos sagrados anteriores ao Corán (que é o seu libro sagrado), incluíndo a Biblia Cristiá e a Torá Xudaica. Permitía a poligamia, podendo ter os homes tantas mulleres como puidesen manter. Este réxime subordinaba por completo a muller aos intereses dos homes da súa familia: primeiro do seu pai; despois, do seu marido; e, se enviuvaba, dos seus fillos homes.
O desenvolvemento económico, social e cultural do islam
editarA sociedade
editarA sociedade musulmá presentou grande complexidade, derivada dos condicionamentos étnicos e relixiosos. Máis tarde, as conversións masivas ao islam promoveron unha sociedade máis igualitaria (entre as etnias), reforzado pola práctica dunha relixión común. A comunidade musulmá estaba formada polos árabes, pero tamén outras etnias, como iranios, es,...
Aqueles cristiáns ou xudeus que se converteron ao islam eran denominados mawali.
Aínda que o Corán formula que ningún home pode ser escravo, a escravitude subsistiu. Frecuentemente, os escravos convertíanse e eran manumitidos, pasando á categoría de mawali. Tanto na cidade como no campo existiron desequilibrios e desigualdades. A poligamia, e o repudio da muller polo marido eran legais.
O desenvolvemento económico e cultural
editarO islam, creou un espazo económico homoxéneo. Ese grande espazo, parte de manter as bases anteriores de produtos e consumos, pero, ao englobar os ámbitos de Oriente e Occidente, fai do comercio a clave do seu sistema económico, centrado este nas cidades, onde a produción industrial se orienta a unha exportación de amplo radio. Fuera desa rede queda o campo, con economía agrícola ou de pastoreo, supeditada ao centro urbano máis próximo. A propiedade agraria tendeu a se concentrar, o que implicou que aparecesen grandes propiedades, que co tempo se privatizaron, xurdindo así unha verdadeira nobreza latifundista.Perfeccionaron o sistema de rega e apreoveitaron antigas técnicas romanas e orientais. Introduciron nos seus dominios as rosdas elevadoras, que extraían auga dos pozos (norias). A cidade islámica foi ao mesmo tempo lugar de actividades mercantís e artesanais. Sen elas non se produciría todo o desenvolvemento cultural do islamismo. As cidades máis importantes do mundo islámico foron Bagdad, Córdoba e Toledo.
Do mundo árabe irradiou un gran acervo cultural. Obras de grandes filósofos, astrónomos, matemáticos, médicos,... influíron de xeito determinante no pensamento posterior. Tamén destacaron os seus estudos na Xeografía. Os estudos médicos alcanzaron grande altura no mundo árabe. Avicena foi a figura de maior relevancia nos estudos médicos, e foi un xenio que tamén cultivou outros campos do saber (destacando tamén neles), como a Filosofía.