Henry Kissinger
Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth (Baviera) o 27 de maio de 1923 e finado en Kent (Litchfield, Connecticut) un século despois, o 29 de novembro de 2023,[1][2][3] foi un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.
Traxectoria
editarEn 1938, debido ás persecucións antisemitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.
Despois de servir na segunda guerra mundial, fixo o seu doutoramento pola Universidade Harvard en 1954, onde se converteu imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de catedrático.
Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, e mais foi o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.
En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.
Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e cos países de África. Algúns dos críticos de Kissinger acusárano de cometer crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como de dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), ou de apoiar os golpes de estado en Chile e o Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.
Obras
editarNotas
editar- ↑ Vidal Liy, Macarena (30 de novembro de 2023). "Muere Henry Kissinger, el estratega que marcó la política exterior de EE UU en la segunda mitad del siglo XX". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023.
- ↑ Redacción (29 de novembro de 2023). "Muere Henry Kissinger, recordado exsecretario de Estado de EE.UU., a los 100 años". cnnespanol.cnn.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023.
- ↑ Redacción/EFE (30 de novembro de 2023). "EE. UU. | Fallece el ex secretario de Estado Henry Kissinger a los 100 años". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Holger Klitzing: The Nemesis of Stability. Henry A. Kissinger's Ambivalent Relationship with Germany. WVT, Trier 2007, ISBN 978-3-88476-942-3.
- Robert D. Schulzinger: Henry Kissinger. Doctor of diplomacy. Columbia Univ. Pr., Nova York 1989, ISBN 0-231-06952-9.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henry Kissinger |
A Galicitas posúe citas sobre: Henry Kissinger |