[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Gwyddno Garanhir foi un rei lendario do reino galés de Meirionydd e fillo de Gwrin Farfdrwch.

Segundo a tradición, tería perdido unha gran parte do seu reino, que o océano Atlántico tería asolagado. Este territorio, chamado Maes Gwyddno, estaría protexido por un dique. Mererid, unha moza deixou abertas as comportas e o mar ocupou esta terra. Tamén lle botan a culpa a Seithenyn, o gardián do dique que esqueceu pechar as comportas no medio dunha borracheira.

Gwyddno Garahnhir tería casado con Ystradwen e tería tido sete fillos: Idris, Rhun, Dyfnwal, Eifionydd, Elffin, Sandde e Edern.

O seu fillo Elffin foi quen tería salvado ao bardo Taliesin de neno.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Gwyddno Garahnhir en Early British Kingdoms (en inglés)