[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Goberno

sistema que exerce a dirección política dun estado ou comunidade

Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado.[1][2] A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites). O goberno ou gabinete é a instancia máxima de administración executiva e é o centro desde o que o poder político é exercido sobre a sociedade. Está constituído por un órgano colexiado (por iso tamén se chama Consello de Ministros), formado por un presidente ou primeiro ministro e uns ministros ó que a Constitución ou a norma fundamental dun Estado atribúe o poder executivo.

Fachada do pazo do Parlamento de Galicia.

O Goberno constitúe o centro dende o cal se exerce o poder político sobre unha sociedade. Podería dicirse que ten unha función identificadora da actividade política, é o núcleo irredutible, sen o cal parece difícil pensar na dimensión da propia política. Este pode ser analizado dende tres puntos de vista, segundo os seus actores, como un conxunto de funcións, ou polas súas institucións.

Obxectivos do goberno

editar

A misión do goberno é crear un sistema de auto-protección social para e coas familias que viven no Estado, seguro a longo prazo, autofinanciable, de moi boa calidade e sen corrupción. Prioritariamente asegurar o futuro da saúde, educación, crédito, propiedade, pensión, vivenda.

A diferenzas das ONG, a estratexia do goberno é recadar achegas obrigatorias de todos os membros do Estado, feitas en diñeiro, para construír infraestrutura e empresas de servizos públicos.

Historicamente, o primeiro Goberno fórmase na tribo, como unha forma de coordinar o pleno aproveitamento dos recursos humanos, naturais, instalacións e ferramentas etc., da mesma, para xerar o máximo de satisfaccións que satisfagan as necesidades da tribo, en alimentación, seguridade etc.

Despois, estableceuse o executivo como ente coordinador, o lexislativo como xerador de normas e leis e o xudicial como encargado de facer que as normas e as leis se cumpran.

Actualmente hai un grupo de investigadores[quen?] e empresas seriamente preocupados polo feito de que o goberno é unha organización de autoprotección social pouco segura ao longo prazo, que poida que non sexa capaz de asegurar os servizos de protección social a futuro, cando a especie alongue a súa esperanza de vida por encima dos 100 anos. Estes investigadores están a desenvolver ONGs alternativas.

Formas de goberno

editar

Forma de goberno é diferente de sistema de goberno. A forma de goberno é a política base que define como o Estado exerce o poder sobre a sociedade. O sistema de goberno é a división do poder no Estado. Existe tamén o réxime político, que é unha relación entre o gobernante e a forza exercida entre el.

As formas máis empregadas no mundo actual son a monarquía e a república. Existen outras á parte destas, pouco ou nunca utilizadas. Na monarquía, existe unha familia real liderada polo rei ou raíña que goberna o país. Até o século XVIII, en Europa predominou a monarquía utilizando o sistema absolutista, en que o monarca ten poderes ilimitados.[3] Na república, un gobernante asume o poder durante un período. A inexistencia de goberno, denomínase anarquismo.

Sistemas de goberno

editar
 
Formas de goberno no mundo en 2021
     Repúblicas presidencialistas totais.      Repúblicas presidencialistas ligadas a un parlamento.      Repúblicas semipresidencialistas.      Repúblicas parlamentares.      Monarquías parlamentarias constitucionais en que o monarca non exerce poder persoal.      Monarquías parlamentarias constitucionais en que o monarca exerce poder persoal (moitas veces ao lado dun parlamento feble).      Monarquias absolutistas.      Repúblicas unipartidarias.      Ditadura militar      Países que non encaixan en ningún destes sistemas.

Algúns dos sistemas de goberno son:

  • Parlamentarismo – O xefe de Estado é elixido polo pobo, non podendo por conseguinte exercer libremente os poderes que lle son atribuídos pola Constitución (só os exerce a pedimento do goberno) por falta de lexitimidade democrática; e o goberno responde politicamente perante o parlamento, o que en sentido estrito significa que o parlamento pode forzar a dimisión do goberno a través da aprobación dunha moción de censura ou o rexeitamento dunha moción de confiança.[4][5]
  • Presidencialismo – A mesma persoa é xefe de Goberno e xefe de Estado. A base da doutrina é a teoría da separación dos poderes desenvolvida por Montesquieu no libro O Espírito das Leis (1748). Os poderes do Estado son independentes. O sistema é exclusivo da república, onde o presidente é elixido por voto directo ou indirecto.[6]
  • Semipresidencialismo – O seu "descubrimento" foi feito por Maurice Duverger no seu libro "Échec au Roi"[5] de 1978. Nesa obra, Duverger define o semipresidencialismo como o sistema de goberno no que o Xefe de Estado é elixido polo pobo, recollendo así a lexitimidade democrática necesaria para exercer os poderes relevantes que a Constitución lle atribúe; o goberno é responsábel politicamente perante o parlamento; e en sentido estrito o parlamento pode, a través dunha moción de censura, forzar a dimisión do Goberno. Difire do parlamentarismo por presentar un Xefe de Estado con prerrogativas que o volven moito máis que unha simple figura protocolaria ou mediador político; difire tamén do presidencialismo polo feito de o goberno ser responsable perante o parlamento. Así, Duverger coloca a problemática da definición do sistema de goberno no plano da Constitución. É a partir desta que se pode dicir cal é o sistema de goberno vixente nun determinado país, e non a través da observación do funcionamento práctico dos sistemas.[4]

Réxime político

editar

No mundo actual, a democracia é un dos réximes máis esixidos polo pobo. Algúns réximes son:[7]

  • Autoritarismo – Caracterízase pola énfase na autoridade do Estado nunha república ou unión. O Estado é controlado por lexisladores non electos que usualmente permiten algún grao de liberdade individual.[8]
  • Democracia – O poder de tomar importantes decisións políticas está cos cidadáns (pobo), directa ou indirectamente, por medio de representantes electos.[9]
  • Despotismo – O goberno é dun líder recoñecido pola poboación como salvador carismático.
  • Ditadura – É un goberno autoritário e antidemocrático. O ditador é considerado un líder represor.[10]
  • Oligarquía – O poder político está concentrado nun pequeno número de persoas.
  • Plutocracia – O poder é exercido polas persoas máis ricas.
  • Teocracia – As accións políticas, xurídicas e policiais son sometidas ás normas dalgunha relixión.
  • Tiranía – O xefe goberna con poder ilimitado, mais sen perder de vista que debe representar a vontade do pobo.
  • Totalitarismo – O Estado está baixo o control dunha única persoa, político, facción ou clase, non recoñece límites á súa autoridade e esfórzase para regulamentar todos os aspectos da vida pública e privada, sempre que for posíbel.[11]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gobernar.
  2. "govern". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. Absolutismo. Brasil Escola. Rainer Sousa. Consultado o 11-2-2012.
  4. 4,0 4,1 Jorge Reis Novais, "Semipresidencialismo I"
  5. 5,0 5,1 Maurice Duverger, "Échec au Roi"
  6. Presidencialismo. Cola da Web. Zichelle, Laura Valiante. Consultado o 12-2-2012.
  7. Estado, regime político e sistemas de governo Arquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine. Luis Aureliano. 07/01/2009 às 15h06. Consultado o 13-2-2012.
  8. Shepard, Jon (2003). Sociology and You. Ohio: Glencoe McGraw-Hill. ISBN 0-07-828576-3. 
  9. Folha Online - publifolha - Entenda os princípios do regime democrático Ribeiro, Renato Janine. Consultado o 12-2-2012.
  10. Ditadura Dicionário. Consultado o 13-2-2012.
  11. Robert Conquest Reflections on a Ravaged Century (2000) ISBN 0-393-04818-7, page 74

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.