Galicia Hoxe
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia Hoxe era un xornal dixital galego que, primeiramente en papel, se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego.
Galicia Hoxe | |
---|---|
Fundación | 1994 |
Remata | 28 de xuño de 2011 |
Editorial | Editorial Compostela |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
http://www.galiciahoxe.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarFoi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares[1], e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número en papel saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche da edición en papel hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia[2]. Durante uns anos mantivo a súa cabeceira como diario dixital.
Notas
editar- ↑ Helena Goyanes Vioar et al. A información en galego. Edicións Lea, 1996, páxina 19.
- ↑ "Pecha Galicia Hoxe" Arquivado 21 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., 28/6/2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- M. Barreiro, Manuel; Pérez Pena, Marcos (2013). "A crise dos medios en galego: informe" (PDF). Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O diario en Internet Arquivado 26 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- Almodóvar, María (13 de xuño de 2020). "O espírito do galeguismo, dentro da filosofía do Grupo Correo Gallego". El Correo Gallego.