Furaño común
O furaño común (Crocidura russula) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.
Furaño común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Crocidura russula Hermann, 1780 | |||||||||||||||||
Distribución de Crocidura russula.
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
Descrición
editarÉ un crocidorino de tamaño mediano e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 gramos. Os ollos son pequenos cos pavillóns auditivos ben desenvolvidos, moi visibles. O pelame varía pola idade, a época do ano e a localización xeográfica, en xeral, é gris uniforme nos xuvenís, pardo ou pardogrisaceo no verán e gris escura no inverno.
Distribución
editarNorte de África e suroeste de Europa, dende Portugal até o río Elba, en Alemaña, norte de Suíza, Austria e sueste de Francia, a vertente norte dos Alpes é o seu límite suroriental. Atópase tamén en Gran Canaria, algunhas illas atlánticas de Francia e Gran Bretaña.
Recentes estudos morfológicos e xenéticos revelaron a separación en dúas especies, os exemplares que habitan dende o leste de Alxeria, Tunes, determinadas illas mediterráneas, leste de Europa e Israel, pertencen a Crocidura ichnusae (Huntterer, 2005).
Variación xeográfica
editarA especie amosa unha notable variación xeográfica, tanto na súa morfometría como na súa coloración, manifestando unha diminución de tamaño cara ao sur da Península Ibérica.
Hábitat
editarÉ unha especie de requirimentos basicamente mediterráneos, prefire hábitat abertos e marxes dos bosques con boa cobertura vexetal á altura do chan, aparece tamén en campos de cultivo e no maquis mediterráneo ou nas zonas boscosas con sobosque claro. A súa distribución altitudinal varía segundo a localización xeográfica, dende os 1.200 metros en Pireneos até os 2.000 nas zonas máis mediterráneas.
Depredación
editarÉ unha especie depredada por numerosas aves de rapina, tanto nocturnas como diúrnas, ademais de por certos carnívoros como a xeneta (Genetta genetta), o golpe (Vulpes vulpes) e maila donicela (Mustela nivalis).
Notas
editar- ↑ Aulagnier, S., Hutterer, R., Amori, G., Kry?tufek, B., Yigit, N., Mitsain, G. & Muñoz, L.J.P. 2008. Crocidura russula. In: IUCN 2009. IUCN Rede List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 21 December 2009.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Furaño común |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Furaño común |
Ligazóns externas
editar- Crocidura russula, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press (en inglés)
- Crocidura russula no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Ficheiro en pdf. Visto o 3 de agosto de 2009. (en castelán)