[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Euriápsidos

(Redirección desde «Euryapsida»)

Os euriápsidos (Euryapsida) son un grupo de réptiles que se distinguen por teren no seu cranio unha soa abertura ou fenestra temporal detrás da órbita do ollo, en posición superior, baixo a cal se articulan os ósos postorbital e escamoso. O grupo é polifilético, é dicir, non é un grupo natural e está formado por membros non estreitamente relacionados entre si. Crese que os euriápsidos son en realidade un tipo de diápsidos (animais con cranios con dúas fenestras temporais), que modificaron os seus cranios perdendo a fenestra temporal inferior.[1] Os euriápsidos diferéncianse dos sinápsidos (que tamén teñen unha soa fenestra temporal) pola situación da súa fenestra, xa que nos sinápsidos esta abertura se encontra por debaixo da articulación entre os ósos post-orbital e escamoso, e nos euriápsidos por riba. Son exemplos de animais euriápsidos os ictiosauros, placodontes, notosauros e plesiosauros, todos eles réptiles mariños extintos, que non deixaron descendentes que chegaran á actualidade.[2]

Un cranio euriápsido no que po indica o óso postorbital, e sq o óso escamoso.
Ictiosauro.
  1. LAURIN, M. Temporal Fenestration and the Classification of Amniotes Arquivado 22 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Tree of life web project
  2. Universidade de Bristol, The Palaeobiology and Biodiversity Research Group Euryapsida Arquivado 08 de abril de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar