[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Escudo de Portugal

O escudo de Portugal baséase nos brasóns dos seus antigos monarcas. Foi adoptado oficialmente o 30 de xuño de 1911, xunto á bandeira. Está formado por un campo de prata, cinco escusóns de azur, postos en cruz, cargados cada un de cinco bezantes de prata, colocados en aspa, e unha bordura de goles cargada de sete castelos de ouro, tres en xefe, dous en flanco e dous cara á punta, todo iso asentado sobre unha esfera armilar en ouro e avivada de sabre.

Escudo de Portugal
Versións

Versión menor
Detalles
ArmigerPortugal República Portuguesa
Adoptado30 de xuño de 1911

Características

editar

Significado dos símbolos e cores:

  • Os cinco escudos azuis simbolizan aos cinco reis musulmáns que o rei Afonso Henriques derrotou na batalla de Ourique.
  • Os puntos dentro dos escudos representan as cinco chagas de Cristo. Contando os puntos e os escudos suman trinta: as Trinta moedas de prata que Xudas recibiu por delatar a Cristo.
  • Tradicionalmente, os sete castelos representan as vitorias dos portugueses contra os seus inimigos e simbolizan tamén o Reino do Algarve. Con todo, a verdade é que os castelos foron introducidos nas armas de Portugal coa subida ao trono de Afonso III de Portugal. Este rei portugués non podía usar as armas do seu pai, D. Afonso II, sen diferenzas por non ser o seu fillo primoxénito. Hai que considerar que, coa subida ao trono de D. Afonso III, e xa en calidade de rei, este debería abandonar as súas armas persoais do pai e do irmán.
  • A esfera armilar representa o mundo descuberto polos navegantes portugueses durante os séculos XV e XVI.