[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Edificio Bonín

edificio de Vigo

O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).[1]

Edificio Bonín
Edificio facendo chafrán nas rúas Areal e Cidade do Porto
Edificio
EstiloEclecticismo
LocalizaciónRúa do Areal/Cidade do Porto Vigo (Galiza)
Coordenadas42°14′20″N 8°43′01″O / 42.2389, -8.716951
Construción
Construción1909
Remate1909
Dimensións
Plantas4 (3 + faio)
Equipo
Arquitecto(s)Jenaro de la Fuente Domínguez
ContratistaAntonio González Romero
editar datos en Wikidata ]

Historia e descrición

editar

Foi promovido polos indianos Manuel Rodríguez Rodríguez e Angelina Bonín que estiveran emigrados en Guayaquil (Ecuador) e construído polo vigués Antonio González Romero.

É unha das obras emblemáticas do eclecticismo de acentos franceses que caracteriza ao ensanche vigués. Mantén na súa composición o repartimento regular de vans e amosa un excelente tratamento granítico cunha espectacular e recargada ornamentación que reflicte a perfección alcanzada polos mestres canteiros locais. Entre os elementos decorativos da fachada aparecen falsas claves, máscaras de rostros monstruosos, frontóns decorados con motivos vexetais enmarcados por arcos, balcóns corridos enmarcados por columnas xónicas e corintias e ménsulas decoradas.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Garrido Rodríguez, Jaime; Arquitectura da pedra en Vigo, Construcciones Conde, Vigo, ano 1999, ISBN 84-605-9897-7.

Ligazóns externas

editar