[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Editorial Nós

editorial galega

A Editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña,[1] concretamente no número 6 da rúa Real,[2] no 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".[3]

Editorial Nós
Tipoeditorial
Data de fundación1927
Fundador(es)Ánxel Casal
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Placa na casa onde estaba a imprenta da Editorial Nós en Santiago de Compostela.
Placa no edificio da rúa Real da Coruña no que se fundou a Editorial Nós.

Historia

editar

A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tivo cabida a revista. O 25 de novembro de 1927 publicou o primeiro título Historia sintética de Galicia de Ramón Villar Ponte[4]. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só durou 14 números e arrastrou case que á quebra á editorial Nós.

A imprenta estivo nun principio situada no número 20 da rúa das Hortas, na capital galega, se ben trasladouse posteriormente ao número 15 da rúa do Vilar. O derradeiro número repartido normalmente entre os subscritores foi o 137-138, correspondente a maio-xuño do ano 1935, pero saído o ano seguinte. Estaba no prelo outro número (139-144) que xa non chegou a publicarse por mor da Guerra Civil[5]

A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.

  1. Mato, Alfonso (2007). Ánxel Casal, un editor para un país: catálogos de Lar e Nós (pdf). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega/Seminario de Estudos Galegos. p. 17. ISBN 978-84-96530-47-8. Consultado o 23 de decembro de 2018. 1924 Aos poucos meses de botarse a andar as Escolas do Insiño Galego, Casal faise cargo da iniciativa. Crea co bibliotecario das Irmandades, Leandro Carré Alvarellos, a editorial Lar, na que Carré será o director-propietario e Casal o administrador. O domicilio de Casal, na rúa Real, 36, 1º, será tamén sede da editorial Lar, da Irmandade coruñesa e das Escolas do Insiño Galego. [...] 1927 En agosto abandona a editorial Lar, que queda en mans de Carré, agora na rúa da Franxa, 34, baixo, e funda a editorial e imprenta Nós, que continúa no seu domicilio da rúa Real, 36, 1º. 
  2. "Ánxel Casal e “Nós” na Coruña – Paseos en agosto XI". Agrupación cultural Alexandre Bóveda. Consultado o 18/09/2021. 
  3. "Anxel Casal", artigo na web da Escola Rosalía de Castro.
  4. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 385
  5. Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 635. ISBN 84-7154-391-5. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar