David I de Escocia
David I (Gaélico medieval: Dabíd mac Maíl Choluim; gaélico moderno: Daibhidh I mac Mhaoil Chaluim), nado en 1083 ou 1085 e finado o 24 de maio de 1153, foi rei de Escocia entre 1124 e1153.
Nome orixinal | (en) David I of Scotland |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1084 Escocia, Reino Unido |
Morte | 24 de maio de 1153 (68/69 anos) Carlisle, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Abadia de Dunfermline (pt) |
Monarca de Escocia | |
23 de abril de 1124 – 24 de maio de 1153 ← Alexandre I de Escocia – Malcolm IV de Escocia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 11 de xaneiro |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Dunkeld |
Cónxuxe | Maud de Northumbria (1113 (Gregoriano)–) |
Fillos | Malcolm of Scotland, Henrique de Escocia, Claricia of Scotland, Hodierna of Scotland |
Pais | Malcolm III de Escocia e Santa Margarida da Escócia |
Irmáns | Edite da Escócia Mary of Scotland, Countess of Boulogne Edgar de Escocia Duncan II de Escocia Etelredo da Escócia Alexandre I de Escocia Edmundo da Escócia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:David I. |
Traxectoria
editarDavid era o fillo máis novo de Malcolm III (Máel Coluim mac Donnchada) e Margarida de Wessex, pasou a súa infancia en Escocia pero en 1093 tivo que se exiliar en Inglaterra logo da morte de seu pai e o ascenso ao trono do seu tío Donald III , estivo na corte do rei Henrique I de Inglaterra e quedou fortemente influenciado pola cultura anglonormanda. En 1113 casou con Maud de Northumbria, filla de Waltheof de Northumbria, conde saxón de Northumbria executado en 1076, e viúva de Simón I de Saint Lyz († 1111) conde de Northampton e de Huntingdon. Polo que David se converte en conde de Northampton e de Huntingdon polos dereitos da súa dona.
Cando o seu irmán e rei de Escocia, Alexandre I morreu en 1124, David ascendeu ao trono. En 1130 o seu exército fixo fronte a invasión de 5000 homes que o rei Óengus de Moray levantara contra David. En 1135 despois da morte do rei Henrique I de Inglaterra na guerra civil que seguiu tomou partido pola súa sobriña Matilde de Inglaterra contra Estevo de Inglaterra. En xaneiro de 1136 David cruzou a fronteira con Inglaterra conquistando Carlisle, Wark Tynedale, Alnwick, Norham e Newcastle en Durham atopouse cunha tropa importante de Estevo, no acordo ao que se chegou David conseguiu reter Carlisle (cunha gran parte de Cumberlandia). En 1138 volveu a invadir Inglaterra pero as tropas de Estevo vencérono na batalla do Estandarte (22 de agosto) aínda así David mantiña gran número de homes en Inglaterra, o cal levou á sinatura do segundo tratado de Durham polo que Estevo recoñecía ao fillo de David, Henrique de Escocia como conde de Northumbria
O seu reinado coñecido co nome de Revolucion Davidiana por algúns historiadores para mellor describir os cambios que tiveron lugar no Reino de Escocia durante o seu reinado: fundación de burgos, introdución dos ideais da reforma gregoriana, fundación de mosteiros, normandización do goberno escocés e a introdución do feudalismo a través de cabaleiros franceses e anglonormandos.