[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.

Modelo:Xeografía políticaDacia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°42′N 26°30′L / 45.7, 26.5
CapitalSarmizegetusa Editar o valor en Wikidata
Poboación
RelixiónMitologia ilíria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación60 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución106 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoBerebistas Editar o valor en Wikidata
MoedaCoson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.

Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.

Os dacios eran tripos tracias setentrionais.[1] As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.

Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.

Historia

editar
 
Dacia clásica e arredores, do Classical Atlas to Illustrate Ancient Geography de Alexander G. Findlay, Nova York, 1849

No inicio do século II a.C., baixo o goberno de Rubobostes, un rei dacio da actual Transilvania, o poder dos dcios na chaira Panonia, a rexión entre os Cárpatos, os Alpes Dináricos e os Balcáns, aumentou coa derrota dos celtas que anteriormente tiñan o poder na rexión. Existiu un reino da Dacia polo menos dende o inicio do século II a.C. gobernado polo rei Oroles. Conflitos cos bastarnas e os romanos (112-74 a.C.), contra os que auxiliaron os escordiscos e os dardanios, enfraqueceron grandemente os recursos dos dacios.

Baixo a rexencia de Burebista (Berebistas), contemporáneo de Xulio César, que reorganizou completamente o exército e elevou o padrón de moral do pobo, os límites do reino estendéronse ao seu máximo. Os bastarnas e os bois foron conquistados, e mesmo as cidades gregas de Olbia e Apolonia no mar Negro recoñeceron a autoridade de Burebista.

De feito, os dacios parecían tan formidábeis que César considerou a posibilidade de enviar unha expedición contra eles; feito que só a súa morte impediu. Por volta da mesma época, Burebista foi asasinado, e o reino foi dividido en catro (ou cinco) partes baixo o mando de gobernantes separados. Un deses gobernantes chamouse Cotiso, que tiña unha filla coa que Augusto seica desexaba casar e co que Augusto prometeu a súa filla de cinco anos de idade, Xulia. É coñecido polo verso de Horacio (Occidit Daci Cotisonis agmen, Odes, III. 8. 18).

Os dacios son mencionados freuentemente no reinado de Augusto, que de acordo con el foran compelidos a recoñecer a supremacía romana. Con todo, de ningún xeito foron subxugados, e en épocas posteriores, para manteren a súa independencia, aproveitaron cada oportunidade de atravesar o conxelado Danubio durante o inverno para devastar as cidades romanas da provincia de Mesia.

Lista de reis de Dacia

editar
  • Moskon (século IV a. C.)
  • Dromiketes (contra 300 a. C.)
  • Rubobostes (século III a. C.)
  • Oroles (século III a. C.)
  • Rhemaxos (contra 200 a.C.)
  • Dicomes? (século II a. C.)
  • Rholes? (século II a. C.)
  • Dapyx? (século II a. C.)
  • Tymarcus (contra 100 a. C.)
  • Guichthlac (contra 100 a. C.-82 a. C.)
  • Burebista (82-44 a. C.)
  • Comosicus (44-28 a. C.)
  • Non rexistrados (28 a. C.-68)
  • Duras (68-87)
  • Decébalo o Valente (87-106)
  1. "Dacian, North Thracian Language". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 26 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hoddinott, Ralph F., The Thracians, 1981.
  • Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 9780520069831. 
  • Musset, Lucien. Les Invasions: Les Vagues Germaniques. París: Presses Universitaires de France, 1965.
  • Thompson, E. A. The Visigoths in the Time of Ulfila. Oxford: Oxford University Press, 1966.

Ligazóns externas

editar