Culture Club
Culture Club é unha banda de pop inglesa formada en Londres nos anos oitenta que formaba parte do movemento New Romanticism. A banda está liderada por Boy George, quen se destacaba pola súa estética glam e transgresora. O son do grupo caracterizouse por combinar new wave e soul, con outros estilos como o reggae.
Culture Club | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1981–1986 1998–2002 2011–presente |
Xénero(s) | New romantic, New wave, Glam rock, Soul, Blue-eyed soul, Reggae |
Selo(s) discográfico(s) | Virgin Records Epic Records |
Membros | Boy George Roy Hay Mikey Craig Jon Moss |
Antigos membros | Sam Butcher |
Na rede | |
www.culture-club.co.uk | |
Discografía
editar- Kissing to Be Clever (1982)
- Colour by Numbers (1983)
- Waking Up with the House on Fire (1984)
- From Luxury to Heartache (1986)
- Don't Mind If I Do (1999)