Cruceiro do adro de San Roque de Melide
construción relixiosa en Melide
O Cruceiro do adro de San Roque de Melide está situado ao carón da capela de San Roque en Melide. A súa cruz é de estilo gótico, do século XIV e, segundo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, vén sendo o cruceiro máis antigo de Galicia.[1] Está formado por unha base de pedra sobre a que se sitúa unha columna octogonal recente. Un aro de ferro une a columna á cruz. Na parte frontal amósase unha escena de Cristo en Maxestade cos brazos abertos e en alto e as palmas das mans mirando á fronte. Na parte traseira atópase a escena da Crucifixión de Xesús.
Cruceiro de Melide | |
---|---|
Vista do cruceiro | |
Presentación | |
Localización | Melide |
Dirección | Adro da capela de San Roque |
Tipo | Cruceiro |
Construción | |
Data da construción | Século XIV |
Galería de imaxes
editar-
Cristo en maxestade
-
Crucifixión
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cruceiro do adro de San Roque de Melide en turismo.gal. Xunta de Galicia.