Concello de Jokkmokk
Jokkmokk é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é Jokkmokk.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Norrbotten | ||||
Capital | Jokkmokk (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.691 (2024) (0,24 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19.334,08 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Jokkmokk Municipality, Sweden (en) | Kent Ögren (en) (1989–2002) Sune Berg (en) (2003–2004) Anna Hövenmark (en) (2004–2004) Sune Berg (en) (2004–2004) Sixten Eriksson (en) (2004–2006) Anna Hövenmark (en) (2007–2010) Stefan Andersson (en) (2011–2014) Robert Bernhardsson (pt) (2015–2022) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | jokkmokk.se | ||||
O terreo montañoso cobre unha parte significativa da superficie do municipio e o Parque Nacional Sarek, un dos catro parques nacionais do concello, está considerado no presente a derradeira terra virxe de Europa. Tamén é a natureza, a través dos bosques, a auga, o turismo e a cría de renos, a que forma a base da economía de Jokkmokk.
Dende a fundación do municipio na década de 1970 a tendencia de poboación ten sido negativa. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 4 766 habitantes.[2] Jokkmokk é un forte bastión dos socialdemócratas, que dende as eleccións de 2018 gobernan co Vänsterpartiet.
Administración histórica
editarCando se levou a cabo a reforma municipal de 1862 en Laponia en 1874, formouse o municipio rural de Jokkmokk na parroquia do mesmo nome.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, afectando tampouco aos condados de Västerbotten e Norrbotten.[3] Coa reforma municipal de 1971 fundouse o concello de Jokkmokk tras a reorganización do concello rural de Jokkmokk.[4]
Dende o seu nacemento ata o 28 de xaneiro de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Boden e dende entón forma parte do de Gällivare.[5]
Xeografía
editarO concello limita ao oeste cos municipios noruegueses de Tysfjord, Hamarøy, Sørfold e Fauske, e cos suecos de Gällivare ao norte, de Boden ao leste, de Älvsbyn ao sueste, e de Arvidsjaur e Arjeplog ao sur. O concello de Jokkmokk é segundo máis grande de Suecia en superficie, sendo un pouco máis grande que o landskap de Värmland, un pouco máis pequeno que o de Ångermanland e o dobre de grande que o de Escania.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkrakningen 1950" (PDF). scb.se. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2022.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. p. 100. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Bodens tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 1 de outubro de 2022.